4 de ago. de 2014

DENUNCIAN NO XULGADO A LUIS ARAGUNDE POR UN BANDO PRESUNTAMENTE ILEGAL

POR PREVARICACIÓN ADMINISTRATIVA.
O dous
de Agosto pasado o Faro de Vigo publicaba unha nova que pola
festa do Albariño pasou practicamente despercibida e dicia: “Denuncian ao Concello polas barras exteriores”. A nova segue comentando que presentaron  unha denuncia no
xulgado de Cambados contra a Corporación Municipal por un presunto delito de prevaricación, tipificado no artigo 404 do código Penal (Á autoridade ou funcionario público que, a propósito da súa inxustiza, dictare unha resolución arbitraria nun asunto administrativo castigaráselle coa pena de inhabilitación especial para emprego ou cargo público por tempo de sete a dez anos). Ben aquí hai que aclarar a nova quen dou a autorización non foi o Pleno Muniucipal senón que foi o propio alcalde mediante un bando que xa publicamos neste blog e que
volvemos a publicar.
O Alcalde  decidiu dar licenzas para a instalación de barras exteriores a distintos locais da localidade, malia que a Policía enviou un informe no que recomendaban a non colocación destes elementos en vía pública. Este feito, denuncian, vai contra a lei da seguridade vial e contra a prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.
O veciño que puxo a denuncia, argumenta, que este incumplimiento pode traer a colación diferentes situacións
de perigo para a vida das persoas, "tan lamentables como os ocorridos na festa do Madrid Arena".
Así o denunciante pide ao xulgado que se proceda, xa que logo, á pescuda e comprobación dos feitos tipificados e, tralos trámites legais oportunos, se enjuicie ás persoas implicadas nos mesmos.
E o mais grave do tema era ese acto administrativo dictado presuntamente de xeito ilegal conlevou un beneficio económico.
ESTE BLOG XA ANUNCIARA QUE O FIEITO PODERIA SER DELICTIVO.
Deciamos o pasado trinta de xullo neste mesmo blog que
 pese os informes negativos da Policia Local,  o aliniexena que temos como Alcalde, ditou un bando que publicamos neste blog precisamente onte onde saltándose a toureira todos os informes negativos da policía local autoriza a colocación das barras previas unha serie de condicións pese a estar todas elas fora da Lei segundo nos informaron fontes da Policía Local de Cambados, isto senón é prevaricación é moi parecido.








Ningún comentario: