26 de ago. de 2014

ENCARNA VILAS “EU FÍXOME NOS PEQUENOS DETALLES PARA A CREACIÓN DAS MIÑAS PINTURAS”

Encarna Vilas (Foto: Faro de Vigo-
Noé Parga-)
A ARTISTA EXPÓN AS SÚAS OBRAS NA PRIMEIRA PLANTA DO PAZO TORRADO, EN CAMBADOS
Encarna Vilas é unha artista de Cambados, que vive dacabalo entre Barcelona e a localidade berce do albariño. Todos os veráns expón as súas obras na vila que a viu nacer, e este ano a artista amante do estilo de Dalí, non faltou á cita.
-De cantas obras consta a mostra deste ano?
-Son doce pezas que pintei durante este ano e algunha
Encarna Vilas (Foto: Faro de Vigo)
o anterior.
-Como definiría o seu estilo?
-A verdade é que eu pinto os cadros que me gustan. Son surrealista, para crear fíxome nos pequenos detalles, vounos unindo e así nace a inspiración para as miñas obras.
-Hai algunha constante nos seus cadros?
--Dedícome ás cousas máis raras que che poidas
Encarna Vilas (Foto: Faro de Vigo)
imaxinas. Hai moita natureza pero tamén está representada a humanidade...
-Desta colección, cal é a obra á que lle ten máis agarimo?
-Todas son moi diferentes pero sempre che custa máis desprenderche dalgunha. Neste caso é unha obra que ten dúas caras, unha dun home e outra dunha muller, e entre eles unha pomba. Neste caso esta xa está vendida.
-Fai máis de dez anos que expón en Cambados, como foi a primeira vez?
-A primeira vez fíxeno con moita vergonza. Foron os meus profesores os que me animaron e a verdade é que me foi moi ben e tiven moitas vendas. Agora gústame mostrarlle aos meus veciños e á miña familia ao que me dedico.
-En que lugar encérrase" para pintar?
-Na miña casa de Barcelona. No momento do día que máis me gusta coller os pinceis é pola noite. A esta hora
Detalle cun cuadro de Encarna Vilas
(Foto: Faro de Vigo).
quédome soa, en silencio cos meus pensamentos e cunha boa luz podo ir plasmando as miñas obras.
-Ten unha media de obras que poida facer ao longo dun ano?
-Non, varía moito. Hai algúns cadros que se fan máis rápido que outros. Eu o que adoito facer é estar traballando en dúas obras á vez. Isto axúdame a que mentres un óleo está secando... poder ir traballando no outro. Hei de dicir que non hai cadros que se pinten facilmente, hai moito traballo.
ENTREVISTA RECOLLIDA DE FARO DE VIGO

Ningún comentario: