25 de ago. de 2014

REVENIDAS, UN BAÑO DE NACIONALISMO EN FORMA DE ROCK

Este fin de semana en Vilaxoan tiveron lugar as Revenidas 2014, antes de nada teño que confesarvos que nunca fora a este evento nas edicións que se levan celebrado, os de Xironsa faláronme moi ben do evento e este ano como temos a “Chito” en Xironsa como mestre de baile e está metido no "lio" das Revenidas
animeime a ir, do cal non me arrepinto en absoluto todo o contrario, as Revenidas servíronme para ver que existe unha nación galega aparte da “política”, existe un movemento
Herdeiros (Foto: Faro de Vigo).
bravú, existe un movemento rock nacionalista  que me serviron para cargar as pilas unha tempada de  nacionalismo sen contaminar polos políticos.  O cartel non volo vou descubrir , pero os mais veteráns das Revenidas dicían que era excepcional todos raiaron a gran altura, pero teño que
Diplomáticos de Monte  Alto
(Foto: Faro de vigo)
destacar aquí sobre todo o amosado por Herdeiros da Crus, uns profesionais coma a copa dun pino, non paraban de facer cantar e bailar a moitísimo publico alí presente e sempre reivindicando o “jalejo” como o noso idioma, mención especial tamén para os Diplomáticos de Monte Alto e para os demais que os acompañaron na xornada do venres, como, Rastreros, Ultracáns, Collón de Lola,. Pero non pensedes que o bo xa pasara, nada diso o sábado subiu o escenario entre outros unha moza que se chama “Ses”, que lección de voz, de
"SES", espectácular.
saber estar no escenario pero sobre todo unha lección de reivindicación da muller galega nacionalista  que emocionou aos alí presentes, estivo espectacular. Tamén estivo a caña pura e dura con Dakidarria que estiveron inconmensurables, mención especial tamén para os cambadeses de Noite Fechada que deixaron o pavillón do rock cambadés moi alto e fixeron sonar  entoando polos
Noite Fechada
asistentes o seu famoso “Rajoy, tírame dun collón”, non esquecemos tampouco  os que actuaron o sábado como Terbutalina, Nao, por certo con este grupo cantou unha peza a cantautora cambadesa Pauliña, Familia Caamagno, Liviao de Marrao e tampouco quería esquecer os que actuaron o domingo Bordeline 79, Alpargata, Tandub, Leo e Arrecaghona,  Charanga da Compañía do Ruído e Peter Punk Circo. Que magoa que non poida ver a algúns destes grupos no meu

pobo na Festa do Albariño , onde ultimamente so se trae “borralla”, pero mentres teñamos aos “fachas” gobernando non podemos facer nada. Non é o mesmo pero eu tamén vos invito que veñadas este fin de semana ao festival de Xironsa, onde tamén priman as actuaciós de grupos galegos por riba de todo. En fin unhas xornadas de nacionalismo rockero que meu deu a ver que e hai outro pais aparte dos partidos politicos, hai vida na xente moza, polo tanto hai esperanza para seguir crendo no meu pais: ¡¡¡GALICIA!!!.
Un saúdo de “Chon”.

Ningún comentario: