25 de ago. de 2014

¡¡¡NON HAI ENTRADAS!!!

OUTRA VEZ CENTOS DE CAMBADESES QUÉDANSE SEN VER OS VESTIDOS DE EVA SOTO.
Luís Aragunde , o inepto que temos como alcalde, ou o encargado das
entradas do desfile de Eva Soto do vindeiro venres , deben pensar que os cambadeses somos parvos , ou que nos chupamos o dedo. 
En pouco mais dunha hora esgótanse as entradas para o desfile de Eva Soto, é dicir 400 entradas “voaron” nunha hora no concello de Cambados. Isto non o cree ninguén
Acaso nos queren facer ver que nunha hora pasaron 400 persoas  a recoller invitacións pera ir a exposición, ou sendo magnánimos que pasaron 200 persoas, xa que o parecer dábanse dúas invitacións por persoa.  Resistímonos a créelo, é mais non o creemos. 
O que pensamos como seguro pensa moita xente que no Concello de Cambados, e que  volveu a funcionar o enchufe. Seguramente 100 entradas xa se quedou o Concello con elas para “amiguitos varios”, e despois están os “amiguitos” de quen entrega as entradas votade outras 100, logo os empregados do concello que teñen carnet do partido que xa sabemos todos cales son , os dos famosos sobresoldos, pois outras 100 entradas e logo, si quedan, 100 entradas
para o publico, verdade que así xa vos saen mellor as contas.
É incrible a inoperancia do concello e concretamente do departamento de cultura, saben a demanda que tiña o evento, porque non se buscou outro sitio ou espazo con maior capacidade que en Cambados hai varios, , ou ten que ser forzozamento no Patio de Armas do Pazo de Fefiñans. O que pasa é que así non podemos satisfacer a “nuestros amiguitos” e “xogar” coas entradas. 
Queremos deixar fora desta polémica a Eva Soto, porque ela non pode nin debe entrar nos "chanchullos" que se trae o Concello.

Ningún comentario: