24 de ago. de 2014

"OS RESENTIDOS" EXPOÑEN AS SÚAS OBRAS NA PRESTIXIOSA “MUEBLERÍA OTERO”

NESTI PIÑEIRO, SESO REY, SUSO GÓMEZ, TINO CHAVES E EDU CHARLIN,  QUE ELES MESMOS SE DENOMINAN ASÍ. 
Nesti Piñeiro, Seso Rey, Suso Gómez, Tino Chaves e Edu Charlin,  que eles mesmos se denominan así “Os
Resentidos” ou así si titula a exposición , van  a facernos ver  as súas obras a partir do vindeiro 29 de Agosto ás 21 horas na prestixiosa galería “Muebles Otero”, onde  xa expuxeron tamén nomes consagrados das artes plásticas da Ría de Arousa.
Muebles Otero está situado na Avda de Vilagarcía Nº 91, ao pé da gasolineira da Cabana. A Inauguración , como xa dixemos está prevista para o día 29 de Agosto, as 21 horas, e poderá ser visitada de luns a sábado e n horario de 10 a 13.30 horas pola mañá e de 17, a 20.30 horas pola partes.
A maioría destes autores non viven da arte, son todos de Cambados, senón do seu traballo diario, pero s as súas obras son dignas de ver a apreciar e estamos seguros de que o día da inauguración  vai ser un gran día para eles, algúns xa expuxeron en outros sitios con moi bo resultado.
Nesti Piñeiro, de Castrelo,  define a súa pintura como gusto polo “fantástico”  e polos seres irreais  aínda que tamén se atreve cos retratos, e ten o seu propio blog.
Seso Rey de Corvillón, a súa obra basease na
“escupontura”, esculturas feitas en lenzo as que lle da cor cun resultado moi interesante.
Suso Goméz de Santa Mariña é un escultor especial pois mistura como ninguén a pedra con “artefactos dun xeito maxistral, ten a súa propia páxina web.
Tino Chaves San Tome é todo un especialista no debuxo a tinta, é todo un mestre, tamén se atreve cos lenzos.
Edu Charlin,  da Praza Compostela, é unha explosión de cor,  na que lle gusta recrearse nos monumentos cambadeses e materia prima do mar.










Ningún comentario: