18 de ago. de 2014

TERESA PLASENCIA, PROFESORA DO IES RAMÓN CABANILLAS FALECE DEBIDO A UNHA ENFERMIDADE.

A PROFESORA DE 59 ANOS ERA DE OURENSE E ESTABA A PIQUES DE XUBILARSE.
Gran consternación causou o falecemento da profesora Teresa Plasencia que daba clase no IES Ramón Cabanillas de Cambados de castelán, debido a unha enfermidade.
Teresa contaba con 59 anos e esperaba xubilarse en breve
para elo había mercado unha especia de “retiro espiritual” como dicía ela. Teresa, para o profesorado era unha gran profesional, entre o alumnado tiña fama de exixente, pero os que conviviron con ela na excursión de este ano a Madrid cos de segundo de Bacharelato, puideron comprobar que  era tamén unha excelente persoa. A noso mais sincero pésame a familia así como o profesorado do Instituto en especial o seu director Moncho.


ADICATORIA DE XAN GALBÁN.
Morreu Teresa Plasencia,así,sen ruidos,sen estridencias,coas calimas de verán evaporándose para non facerse notar,en Agosto co Insti pechado por vacacións para non interrompir o horario lectivo coma sempre quixo,agás unha folga defendendo o que consideraba xusto,común,colectivo.Vestía impecable coas cores vivas e pastel da alegría de vivir,discreta,para que na aula se centrase nas clases maxistrais de língua e literatura,mais afeizoada á primeira era esixente por considerar que a grafía ten que ser fundamental mesmo para a ciencia xunto co estilismo,por que precisaba, acotaba,definía o que queriámos dicir entre o emisor e o receptor;amaba a língua de Cervantes e preocupábase pola nosa,sempre curiosa por todo o que significaban as actividades extraescolares, lémbroa colaborando na revista "A Santa Compaña"e a intolerancia dos que non estaban dispostos a deixar abertas as fiestras de aires de liberdade incipiente;foisenos Teresa a de "lengua"e con ela todo un mundo adolescente onde aprender a ser persona era tan importante coma os coñecementos,inda que a nosos pais importáballe o primeiro.Que a terra lle sexa leve.


Ningún comentario: