8 de set. de 2014

A IRMANDADE XURIDICA GALEGA HOMENAXEA A BENITO MONTERO EN CAMBADOS

SERÁ O VINDEIRO VINTESEIS DE SETEMBRO NA CASA ROSITA MEDIANTE UN XANTAR.
A Irmandade Xurídica Galega (I.X.U.G.A.) e unha organiación  que comprende a todo o mundo relacionado coa xustiza (xuices,
secretarios xudiciais, funcionarios , Corpos de Seguridade, Notarios Rexistradores da Propiedade e tc) , e  quere ser a
continuadora dunha tradición de xuristas partidarios do uso da lingua galega na actividade xudicial. Sebastián Martínez Risco, Roberto González Pastoriza, Ramón Carballal Pernas, Valentín Paz Andrade, Lois Peña Novo, Arturo Noguerol... quixeron restablecer o uso da lingua galega nas instancias xudiciais, continuando cunha tradición interrompida durante séculos. O Cambadés Benito Montero
foi un dos seus  principais impulsores desta Irmandade a cal quere agreadecer ao Fiscal,  co gallo da súa xubilación o impulso dado polo cambadés a esta asociación, en forma de xantar-homenaxe  que terá lugar o vindeiro 26 de setembro as 14.30 horas na Casa Rosita de Cambados. Todos aqueles que queiran participar no mesmo e queiran retirar unha invitación para este xantar homenaxe deben ingresar a cantidade de 50 euros na conta corrente IBAN ES91 2080 5209 4130 4000 9205 de calquiera oficina de ABANCA.
 


Ningún comentario: