2 de set. de 2014

A PROBA DO “9”

A WEB DO CONCELLO DE CAMBADOS COPIA TEXTUALMENTE UNHA NOVA DE “VOZ” ONDE “VENERA” AO CONCELLO.
Si os mais escépticos tiñades algunha dubida da relación estreita entre a Voz de Galicia e o Concello de Cambados, aquí tedes a proba do 9 “. Hoxe, na edición dixital a Voz publica un artigo titulado “Lección de exquisitez en el fin del verano cultural cambadés” (Preme AQUI para velo).



 Esta nova foi “calcada” na web do concello de Cambados no día de hoxe (preme AQUI para velo), sen poñer a procedencia da mesma, e sen que Voz por suposto protestara. 



A nova da Voz, está publicada pola “excelente”, “marabillosa” e “excepcional” periodista Bea Costa, a que saltou a fama mundial polo súa famosa nova de “Chochito de Oro”.  Un artigo,  que como dicimos en Cambados faille a “pelota” de xeito manifesto ao Concello de Cambados,  para nada resalta a coincidencia de actos programados dende o concello onde fixeron coincidir dous actos de suma importancia como a actuación dunha famosa pianista no Auditorio co recital poético en Santa Mariña (Preme AQUI para ver a coincidencia). Empeza a notarse que a prensa entre en campaña nas municipais. Temos que lembrar que o xefe de prensa do concello de Cambados é Benito Leiro co cal ten moi boa relación  a periodista Bea Costa. 
AMEAZAS VELADAS NO FACEBOOK DUN “PERIODISTA” AO ADMINISTRADOR DESTE BLOG”
As nosas criticas non lle gusta aos “chicos da prensa” e despois temos que ver no facebook dunha “periodista” dun medio escrito  D.A.  que responde as iniciais F.F. como chama ao administrador deste Blog  “pseudoxornalista” o cal é contestado en plan ameazador por outro periodista que responde as iniciais A.G. doutro medio concretamente de L.V.G. textualmente: “Un par de hostias estanse rifando e bigote arrocet (referíndose ao administrador deste blog) vai acabar gañando”. Así as usan os "chicos da prensa" cando simplemente discrepas deles ou os criticas. Aquí tedes a proba:





Ningún comentario: