3 de set. de 2014

AS XUVENTUDES SOCIALISTAS DE CAMBADOS CUMPREN TRES ANOS APOIANDO SEN FISURAS A "ALCALDABLE" DO PSOE FATIMA ABAL.

UNHA NOVA ETAPA DA HISTORIA DO SOCIALISMO EN CAMBADOS COMEZABA CO NACEMENTO DAS XUVENTUDES SOCIALISTAS 
As Xuventudes Socialistas de Cambados cumpren tres anos dende a súa constitución. "O 3 de setembro de 2011 comezaba unha nova etapa da historia do socialismo en
Cambados co nacemento das Xuventudes Socialistas de Cambados", estas foron as primeiras palabras do seu Secretario Xeral, Ismael Agra na celebración do terceiro aniversario do nacemento da organización político xuvenil en Cambados.
Ismael Agra quixo aproveitar a ocasión para facer un balance positivo destes anos,
conseguindo, no eido orgánico, situar a Cambados no mapa do socialismo español trala boa relación coas Juventudes Socialistas de España e no eido político, conseguindo a chegar o proxecto á mocidade cambadesa, resaltando a moi boa relación entre as XSG Cambados e o
PsdeG cambadés liderado por Fátima Abal.
Como mostra do anteriormente dito está a toma de posesión de Regina Núñez da acta de concelleira polo PSdeG tralo seu traballo nas XSG Cambados, sobre todo no eido da igualdade e os dereitos e liberdades civís.
As Xuventudes Socialistas de Cambados tamén quixeron mostrar o seu total e absoluto apoio á candidata á Alcaldía de Cambados Fátima Abal e destacaron que sexa a primeira muller que opte a Alcaldía en Cambados.
NOTA DA ADMINISTRACIÓN: 
Seguramente dada a súa mocidade, o mellor non se deron conta os mozos socialistas cambadeses que a primeira muller candidata a Alcaldía de Cambados foi a histórica nacionalista Adela Leiro Lois, o cal non desmerece para nada os méritos acadados ate o de agora por Fátima Abal.

Ningún comentario: