11 de set. de 2014

“CAMBADESES QUE CONQUISTAN O MUNDO”

EMILIO CARRO, UN CINEASTA QUE RESIDE NO CANADA.
Hoxe entrevistamos a Emilio Carro,  un “mozo” de 36 anos, que xa leva nove anos fora da nosa vila, aínda que con algunha que outra escapada a Cambados, Emilio , quen os pais tiveron a mítica “Librería Carro” na
Avda de Vilariño, e irmán da que fora concelleira en Cambados Anabel Carro, unha gran concelleira de cultura. Emilio é un cineasta que para seguir traballando no que lle gusta tivo que emigrar,  el foi un o autor daquela famosa curta rodada no 2013  en parte en Cambados, e estreada na nosa vila na Sociadade Cultural, "Fatal Night". Así que de seguido ímosvos presentar a este cambadés que está “conquistar o mundo”. 
NOME E APELIDOS: Emilio J. Carro Fontenla.
DATA DE NACEMENTO: 09 de Novembro de 1978.
LUGAR DE CAMBADOS ONDE RESIDÍAS: Centro (Avenida Vilariño).
TRABALLO QUE REALIZAS: Cinematógrafo, Produtor e Fotografo.
ESTUDOS: Actualmente cursando unha Licenciatura en Comunicación Audiovisual e Cinema aquí na Universidade de Windsor (Ontario), pero previamente cursei un Ciclo Superior de Imaxe na Escola de Imaxe e Son de Vigo.
ESTADO CIVIL: Casado.
FILLOS: Un.
NOME DA TÚA PARELLA E NACIONALIDADE: Rosana, residente da Illa de Arousa.
PAIS NO QUE RESIDES: Canada.
CIDADE NA QUE RESIDES: Windsor, na provincia de Ontario.
Entrevista:
-Canto tempo fai que estás fora de Cambados? 
-Podo dicir que dende o ano 2005, resido fora de Galicia. Primeiro por 7 anos en EEUU, cunha pequena temporada de regreso a Galicia no ano 2012. E saída outra vez pero neste caso para virnos ao Canada.
-Cal foi a razón primordial da túa marcha? 
-Na miña primeira viaxe aos EEUU foi por unha oferta de traballo no meu sector, e como sempre me pareceu moi atractiva a idea de visitar EEUU, fixo a decisión moito mais fácil. En canto a vir ao Canada, foi por seguir formándome e introducirme moito mais no mundo das grandes produción audiovisuais (TV e cinema), que nos recentes anos moveron moitas producións a este país por cousa das axudas fiscais (exención temporal de
impostos, etc.) que concede Canada neste sector. Algo que ao meu parecer o noso país debería seguir o exemplo, co fin de ampliar as miras, e aproveitar para provocar un impulso económico e crear mais oportunidades no sector audiovisual.
-Custouche moi amoldarte a túa nova vida? 
-O principio recoñezo que foi un pequeno choque atoparte coa diferencia cultural norteamericana, e con tantas cousas que na distancia parecían ser “de película”. A xente e moi aberta, como a maioría de Galegos e Españois, romper a barreira do idioma e importante, pero teño que dicir en todo momento se me fixo sentir que un equivoco o pode ter calquera, e seguir aprendendo e parte esencial da nosa existencia. Recomendación: deixala vergoña na casa e moi bo, e aprender e practicar idiomas e esencial e mais fácil do que parece. 
-Que diferencias esenciais ves entre os cambadeses a a xente do lugar onde resides?
-A diferencia mais grande, eu diría que a diferencia nos valores sociais. Teñen o concepto do voluntariado moito mais arraigado na estrutura social. Case a diario podes atopar un ou dous eventos en beneficio dalgunha asociación benéfica, ou por axuda a algunha organización local. E en todo traballo sempre cae a pregunta de si fixeches algún voluntariado, en moitos casos da igual en que sector. Polo demais, tería que escribir 20-30 paxinas mais, xa que Windsor e unha das cidades mais multiculturais do Canada, o numero de distintas nacionalidades e moi alto. Hai case toda-las nacionalidades coñecidas, a Universidade atrae moitos estudantes estranxeiros, sobre todo de Asía (India, China, Pakistan,etc.) e cada cultura ten as súas peculiaridades… Ademais de que son sociedades nas que a interacción social entre amigos e familia e moito mais esporádica, a non ser que coincidan no mesmo traballo. 
-Segues a actualidade da túa vila? 
-Procuro manterme un pouco ao dia sobre as novas da Cambados, da comarca, e do país en xeral. Aínda que en ocasións coa cantidade de novas negativas, un síntese abrumado e desconecta de vez en cando. 
-Normalmente porque medio de enteras do que pasa en Cambados? 
-Polos periódicos dixitais e blogs,  amigos, etc. aínda que en moitos casos específicos, por medio das redes sociais e amizades.
-Como se ve de onde ti estas,  a situación política e económica  do noso país? 
-Primeiro tería que dicir que una gran parte dos Norteamericanos, seguen tendo a referencia dos Españois como nos 50-60, e dicir, Touros, Flamenco e Fútbol, aínda que sempre hai algunha excepción de persoas con mais inquietudes persoais, ou que ten viaxado a España e xa veu a realidade. Pero nos informativos, non e que se deixe moi ben. A cada nova
económica, ou manifestación, si se lle fai seguimento, pero apuntando os puntos negativos en todo momento. Non saben os detalles, como a taxa de desemprego, ou subidas de prezo das enerxéticas… pero si lles queda claro que hai vandalismo. E por suposto, fútbol, toros, e Ole Ole… Vamos, que costa romper con esa imaxe dos Españois aínda que sexas de Cambados, jejejeje.
-Tes pensado volver? Se a resposta é positiva: a longo, medio ou curto prazo? 
-Pois volver e algo que un sempre quere, a Terra tira, queira un ou non. Aínda que sexa temporalmente ou de vacacións, eu creo que todo Cambades ou Galego, sempre intenta facer unha escapada de volta, e respirar esa brisa tan nosa, ademais de poder vivir isos momentos de interacción social tan nosos.
-Como levas o da morriña?
-Pois depende do dia. No meu caso depende moito das novas que un recibe do outro lado do charco. Un sempre ten a familia e amigos na cabeza, e sempre quería comprobar que realmente todos están ben. Pero, hoxe en dia as redes sociais e a ventaxa de poder facer unha videoconferencia, facilita moito o sobrelevalo. Nada que ver co que moitos emigrantes pasaban antigamente cando esperaban pola carta ou chamada do mes. 
-Segues en contacto  cos teus amigos de Cambados? 
-Como non! Sigo en contacto con eles por medio das redes sociais, e algunha que outra videochamada. E na nosa ultima visita a Galicia, organizámonos ben para poder coincidir case todos na Festa do Albariño, como nos vellos tempos.
-Interésaste pola política do pais ou lugar onde resides? 
-Entender a maneira de pensar e “manexar” de onde un reside paréceme sempre algo importante. E unha maneira mais de sentirse parte da comunidade, e de facer que o nivel de benestar que un esta a vivir non se derrumbe.
Que botas de menos do que facías en Cambados normalmente?
-Poder pasear por todas esas rúas cheas de tanta historia e cultura, e rematar vendo o atardecer dende a Torre de San Saturniño, ou dende o monte da Pastora. 
-Aparte da túa familia, a quen botas de menos de Cambados? 
-Aos amigos, eles saben quen son.
-Que monumento de Cambados levarías para o lugar onde resides ? 
-A Torre de San Saturniño.
-Cóntame o que fas nun día normal (hora de levantarse traballo, xantar, cea,)? 
-Dependo moitísimo da axenda de traballo e os cursos na Universidade. Cada dia podo dicir que e unha sorpresa, nada fixo. (jejeje)
-Que fas normalmente o fin de semana ou no teu tempo de lecer?
-Pois pasar tempo coa familia. Pasear por Downtown Windsor, e tomarlle algo pola beira do lago que divide EEUU e Canada. Si temos mais dun dia, intentamos visitar algún que outro sitio novo (Toronto, as cataratas do Niagara, etc.). E así como podemos, sacar fotos, moitas fotos… E co pequeno da casa, pois as cousas típicas, andar en bicicleta, xogar ao fútbol, baloncesto… 
-Cale a festa que mais botas de menos de Cambados? 
-Por suposto, a Festa do Albariño.
-Hai centro galego ou español onde ti resides? 
-Non, aquí a comunidade española, ou incluso latinoamericana, e moi reducida e con moi pouca conexión entre eles. O centro Español mais preto atopase en Toronto, a iso de 4 horas en coche de aquí.
-Cóntanos a túa biografía como produtor, director e realizador curtas.
-Teño que dicir que dende acabei na Escola de Imaxe de Vigo, levo mais de 13 anos traballando en moitos tipos de producións distintas, das cales un sempre saca as mellores aprendizaxes. Un dos primeiros proxectos, xa considerado ‘maldito’, polo grupo de produción que o traballamos, foi “Dinner”. Unha curta de xénero thriller apocalíptica, e que por misterios da vida nunca se chegou a finalizar, e incluso esta un pouco desaparecida nestes intres. Tras varios anos como operador de cámara na TVG en programas de estudio e informativos (En Xogo, Telexornal, diferentes TV series…) e tamén diversas retransmisións deportivas ou de eventos en directo. A oferta dunha compañía de EEUU plantoume a posibilidade de poder saltar o charco e alí traballei en campañas publicitarias, eventos, incluso proxectos interactivos para compañías farmacéuticas como Roche. Todo hasta este momento
foi basicamente para outras compañías, pero cando viñemos de visita a Galicia despois de 7 anos, xurdiu o proxecto de “Fatal Night” do cal fun produtor, director de fotografía, operador de cámara e son e editor. A continuación xa aquí en Windsor, colaborei en diversos proxectos na Universidade  de Windsor, e incluso pasei a ser Asistente de instrutor para un curso de produción de TV para alumnos de ultimo ano, supervisando e editando o programa “401 Sunset” que emite a universidade a nivel rexional. Por ultimo finalizamos en Xuño o documental “IZZAT: Breaking the silence on Elder abuse” referente ao abuso aos maiores, no cal a miña participación foi como Cinematógrafo e asistente de Director.
-Estas contento coa acollida que tivo “Fatal Night”?
-Teño que dicir que estamos moi contentos coa acollida de “Fatal Night” polo publico tanto no dia da presentación como posteriormente coa presentación oficial online da curta, ao igual que nas presentación a concursos e festivais. Pero teño que resaltar que isto ven dende o principio. Xa cando nos decidimos traballar xuntos: Alberto Torres, Diego J. Fernandez, miña muller Rosana e mais eu, nos puxemos en contacto con xente da comarca en busca de equipo técnico, actores, extras… e temos que dicir que moita xente se involucrou no proxecto desinteresadamente, e recordemos que partíamos dun orzamento cero. A xente (todos os que aparecen nos créditos e moita mais), os locais (Café Boa Vista e Pub Green), e institucións (Garda Civil de Sanxenxo, así como Concello e Policía Local de Cambados) facilitáronos a produción moitísimo. E cabe resaltar que as localizacións escollidas foron exactamente o buscábamos para o desenrolo da historia. E como non, unha pequena mostra do que na nosa comarca se podía facer, tanto a nivel persoal como de localizacións. 
-O teu traballo na TVG e en produtoras de Estados Unidos, supón un plus de experiencia a hora de facer unha curta?
-Claro que si. En todos eses anos na TVG, o que te acostumas e a unha dinámica de traballo ben establecida e en directo, co cal sempre estas maquinando cal vai ser o seguinte paso. Isto foi a base que levei conmigo para Estados Unidos, e a cal mellorei co coñecemento de novas tecnoloxías e diferentes sistemas de traballo, e como non, compañías e públicos moi distintos. E durante todos istos anos tratas con moitas persoas moi distintas, pero con actitudes parecidas, ou cos mesmos problemas en set. E claro, isto e algo que che axuda a estar preparado para o que poder vir a continuación, e como solucionalo con imaxinación e dilixencia, e moita man esquerda! (Jejeje)
-Estás a traballar na actualidade en algunha curta?
-Finalizamos en Xuño un documental “IZZAT: Breaking the silence on Elder abuse” referente ao abuso aos maiores. Proxecto que foi realizado con fondos do goberno central de Canada, e que foi enfocado no entorno das culturas sur-asiaticas (India, Sri Lanka, Pakistan…) asentadas na rexión. Polo momento, estamos tamén no proceso de pre-produccion de varios proxectos aquí en Windsor e con posibilidades de outras rexións do Canada .
-Segues a actualidade cinematográfica galega e arousán dende onde te atopas?
-Como me pasa coa actualidade social e económica Galega e nacional, sígoa o mellor que podo por medio de blogs e publicacións dixitais. Pero tamén consultando con amizades que sempre che fan algunha que outra referencia persoal, que te guía un pouco mais polo que se esta a cocer no mundiño.
-Que grandes problemas se atopa un produtor coma ti a hora de realizar unha curta?
-No meu caso, realmente solo fun produtor oficialmente para o proxecto de “Fatal Night”, eu principalmente son Director de Fotografía ou Cinematógrafo, aínda que xa se sabe que dependendo dos presupostos un acaba facendo mais dun posto ou traballo (jejeje). Pero principalmente o que si vexo como denominador común, e a falta de apoio económico ou institucional completamente equitativo. Con isto me refiro a que todo ronda os mesmos círculos, e para  conseguir axudas económicas e das grandes institucións, hai moitos filtros de por medio, que se recrean en presentarse como representantes ou intermediarios de para coas institucións e en favor da cultura, e que sempre acaban favorecendo a uns mesmos grupos unha e outra vez. Tamén me teño atopado, co grandísimo problema do ‘Egos’. Case sempre en este tipo de producións, hai un enfrontamento de persoas e os seus egos danados por unha gran falta de confianza, que poden provocar problemas e interrupcións no fluxo de traballo, e no bo ambiente que poida ter o resto do equipo. E no outro lado do espectro tamén tería que dicir que a tecnoloxía desfavorece un pouco aos profesionais do sector, xa que calquera pode filmar algo coas novas cámaras que hai no mercado. A calidade esta quedando un tanto reducida a ser algo solo de grandes estudios, e no "escalón" seguinte esta o resto, amateurs ou profesionais. Da igual. Ninguén recoñece, ou se preocupa de recoñecer, a diferencia. 
-Si existen problemas para facer unha curta, hoxe en día unha longametraxe é para ti unha utopía?
-É complicado, pero o que non se pode e perder a ilusión polas metas que un quere conseguir. As colaboracións entre distintas compañías independentes e unha das saídas mais habituais a esta clase de  situacións. Isto abre as portas a moita xente no sector, que por si mesmos non disporían dos fondos ou equipamento para alcanzar tódolos elementos necesarios para completar o proxecto ao nivel esperado. Axudaría moitísimo si a Cultura en xeral no se vise relegada a Reality shows ridículos, como esta a suceder nas importantes televisións, grandes medidores de realidade social do momento.  
-Perdoa a miña ignorancia, pero Fatal Night podémolo considerar unha curta de acción, tes pensado tocar outros temas, animación, humor etc.?
-Por suposto. Tanto o thriller como a comedia son xéneros que me apasionan. Considérome unha persoa de moi diferentes gustos tanto en música como en cinema, e espero poder ter a oportunidade de demostralo.
-Por última cóntanos os teus vindeiros proxectos , si os tes, cinematográficos?. 
-Agora veño de ser "panelista" no apartado de Cinematografia para o Campamento de Cine para Rapaces que organiza ‘Raindance Windsor-Detroit’. Actualmente tamén estou traballando no guión dunha curtametraxe e unha longametraxe, dos que podo dicir que un deles ten moitas referencias a Galicia, pero que non podo adiantar polo de agora. Espero que no seu momento se consiga o apoio económico e institucional suficiente para facelo unha realidade, tendo en conta que seria algo para desenrolar na nosa Terra, e non descartamos unha colaboración internacional entre Canada e España, pero xa veremos. 

ENTREVISTA RÁPIDA:
-Xantar preferido: 
-Churrasco.
-Bebida preferida: 
-Cervexa.
-Película preferida: 
-Puffff, moitas!!! Aparte de “Fatal Night”, teño que dicir dúas. “Un Chien Andalou” de Luis Buñuel y “Vertigo” de Alfred Hitchcock.
-Canción preferida: 
-“Bell” de Mike Oldfield.
-Político o que admiras: 
-O que realmente fai algo polo pobo ou nación ao que representa, non polo seu peto..
-Persoa histórico ou actual o que admiras: 
-Georges Méliès.
-Deporte preferido: 
-Baloncesto.
-Practicas algún deporte ou actividade: 
-Baloncesto e fotografía. 
-Viño preferido: 
-Albariño, sen lugar a dubida!.
-Actor ou actriz preferido: 
-Non podo escoller un solo. Así que a miña mini lista serian: Javier Bardem e Manuel Manquiña (Nacionais), e Gary Oldman e Christian Bale (Internacionais).
-O teu libro preferido: 
-A saga de “Caballo de Troya” de J.J. Benitez.
-Que libro estás lendo na actualidade: 
-Realmente atópome relendo “O Manual do Guionista” por Syd Field.
-En que centro fixeches primaria: 
-Colexio Antonio Magariños.
-Fuches o instituto en Cambados, a cal? 
-Ramón Cabanillas.
-Se fixeches estudos universitarios ,  onde os realizaches? --Actualmente na Universidade de Windsor (Canada).
-Equipo deportivo preferido: 
-Non sigo moito os deportes en xeral, así que non teño ningún especifico, pero si hai algún da Terra sempre con eles.
Como vedes unha entrevista ben aproveitada. Emilio é toda unha personaxe e como decímaos con case nove anos as súas costas fora de Cambados ainda ten maís mérito, moitas grazas a Emilio polas súas excelentes respostas, e a nosa admiración  dende Cambados. Apertas.

Ningún comentario: