10 de set. de 2014

O DIA QUE LLE BERREI: “¡PODEMOS!” AO ALCALDE DE VILANOVA DE AROUSA (E A CARA DE “PASMADO” QUE LLE QUEDOU)

POR RICARDO DOMINGUEZ REY
      Hai períodos de tempo, xa sexan estacións do ano,  meses ou semanas  que, invariablemente,
quedan asociados a un acto, anécdota ou, simplemente, a un feito que queda gravado na memoria colectiva e que,  co paso dos anos,  sae a relucir nas charlas e conversacións,
por calquera motivo: os mais vellos lémbranse de   cando Charles De Gaulle visitou Cambados, outros non tan vellos lembramos cando  Xulio Iglesias  atracou o seu iate no porto do noso pobo  e, xa  mais recentemente, no verán do 2012, todos lembramos as protestas que se produciron na inauguración da Festa do Albariño pola decisión do alcalde  de levantarlle unha estatua a un ex ministro franquista.  
      Deste verán, que está a punto de rematar, para o recordo , quizais, quedará, entre outras,  unha anécdota moi
Viñeta de Davila
graciosa e que tivo coma protagonista ao alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán  e  con certa repercusión nos medios nacionais, incluso a revista satírica “EL JUEVES”  nomeou, a raíz de dita anécdota, ao personaxe en cuestión   “Gilipollas de la semana”. 
      Para os que non sabedes de que foi a historia, relátovola brevemente: resulta que na inauguración dun campamento
de verán, os rapaces do mesmo tiña un xogo no que tiñan que berrar todos : “¡Pokemon!”; pois ben, a cuestión é  que fixeron isto en presenza do alcalde de Vilanova e o mesmo parece ser que colleu un “berrinche” impresionante pois entendía que o que estaban a berrar os rapaces era “¡Podemos!” e que o facían para “encabronalo” ao nomearlle   o partido de Pablo Iglesias ; polo que din as crónicas, parece ser que “Gonzalito” marchou feito un basilisco e xurando en arameo, sen facer caso, as explicacións dos monitores de que tan so era un xogo de nenos e non o que el pensaba. 
      Eu cando lin a noticia, debo confesarvos que, inicialmente, custoume crela porque aínda que “Gonzalito” tivese razón e os rapaces estiveran a berrar o que el
pensaba, hai que ser moi pero que moi corto   para poñerse á altura da mentalidade duns nenos de 11 ou 12 anos e amosa, as claras, o “talante” que ten este político pepero. Ademais,  aínda que berrasen: “¡Podemos!” ¿que lle fai supoñer  a “Gonzalito” que llo estaban a dicir en relación á dita formación política? O berro “¡Podemos!” utilizase en moitas competicións deportivas para chamar á remontada e, mesmamente,  fai uns anos foi o slogan utilizado por Barack Obama na campaña presidencial dos Estados Unidos que finalmente gañou;  en concreto a frase  dicía: “Yes, we can!”
(“¡si, podemos!”) ¿como sabe Gonzalito que os nenos, en realidade, non vían en el unha especie de “Obama galaico” do partido da gaivota?; incluso, si me apurades, penso que si collemos ao alcalde de Vilanova  e lle damos unha man de betún e poñémoslle algo mais de cabelo rizado na súa mais que evidente calva, non poderedes negar que ten un certo aire co actual inquilino da Casa Branca; en resumen e como dicía anteriormente, esta anécdota retrata ás claras ao personaxe en cuestión pero o que eu nunca imaxinaria  é que o destino daríame a oportunidade de comprobar ata que punto “facíalle luces” a Gonzalito escoitar a susodita  palabra............
  
      Martes 29 de xullo do 2014, 19:15 horas 
      Despois de saborear unhas refrescantes cañas e ler a
prensa na terraza do Baloca Bar, decidín saír a dar unha volta en coche por Cambados; para unha persoa coma min que está todo o ano lonxe do seu amado pobo, gústame, de vez en cando, saír só   pola vila e ver como dun ano para outro cambia a fisionomía urbana da mesma: o veciño que reformou a fachada da súa casa, os novos negocios que abriron (por desgraza poucos), os negocios que pecharon ( por desgraza,  demasiados) e así sucesivamente. En esas
 estaba que,  cando me  atopaba  na Avenida de Galicia en dirección a Os Catro Camiños, mais ou menos á altura da  lavandería  CLAREO (a carón da sede do BNG), ¿a quen creedes que vexo vir ao lonxe,  andando pola aceira contraria? Pois si, amigos, ¡a Gonzalo Duran! ¡ese santo varón! con gafas de sol, vestido cun  polo deportivo e cun cor de pel, que mais que moreno asemellaba vermello tipo “camarón da ría” (¿este home non coñecerá a cremas protectoras?) e a punto de entrar no seu coche, un todoterreo verde dunha coñecida marca alemá de luxo. 
      Eu nese momento, quizais nun arrebato de sociólogo
vocacional ou, quizais,  como di a xente mais snob “movido por mi lado mas canalla”  decidín comprobar ata que punto tiña de certo a noticia que comentabamos anteriormente polo que baixo a ventanilla do meu coche e, tras un “Gonzalooooo” meloso para que se fixase  en min,  bérrolle con toda a miña alma: “¡¡PODEMOS!!”............... a  cara que puxo, queridos amigos, sinceramente non teño palabras para describila; penso que, si, en vez do meu berro, neses intres tivera visto pasar voando  un elefante rosa, vestido cun  tutu e tocando unha arpa non tería posto unha cara tan rara, mestura de sorpresa, indignación i enfado; escusa dicir que neses intres, ante o espectáculo do seu rostro e comprobando que
era totalmente verídica a  noticia, eu non puiden evitar botar unha risa atronadora, a medida que me afastaba, mentres Gonzalito permanecía inmóbil coa mirada cravada no meu coche; eu, polo retrovisor, e aínda partíndome  o cu da risa, empecei a preocuparme cando Gonzalito seguía permanecendo inmóbil, como unha estatua de sal, cando xa pola distancia non o distinguía a través do retrovisor; entón entroume un remordemento de conciencia ¿¿e si a impresión foi demasiado forte para o alcalde de Vilanova?? Quizais, por iso, ao chegar a Os Catro Camiños decidín dar a volta e volver sobre os meus pasos para comprobar que tal se atopaba Gonzalito; cando cheguei, a
súa altura, xa estaba reposto, sentado dentro do seu vehículo e a punto de arrancar; eu pareime ao seu carón e, recoñézoo, non puiden evitalo, toquei o claxon do meu coche  para que se xirara e volvinlle a berrar: ¡¡PODEMOS!!, e novamente  (aínda que sen chegar ao extremo da primeira ocasión) o seu rostro foi todo un poema; pero o mellor aínda estaba por chegar,  pois  eu prosigo a miña marcha e, inmediatamente, arranca Gonzalito  e situase detrás miña; a continuación eu vexo polo retrovisor que saca o seu telefono móbil e comeza
a facerlle fotos ao meu coche, nese momento non podo evitalo e bótome a rir novamente ao ver ao alcalde de Vilanova, transformado nunha especie de “paparazzi” e, por un momento, sentinme como unha estrela de cine ao ter tan “distinguido” fotógrafo tras de min; nesas seguimos ata chegar a altura do cruce do Parador, onde vexo que Gonzalito parase, como se estivese esperando a alguén, a miña curiosidade levoume a parar un pouco mais adiante, cando   de repente aparece o noso querido alcalde Aragunde e metese no coche de Gonzalito, i, entón, este amósalle as fotos que me sacara, eu xa non
puiden mais  e volvín a partirme o cu de risa, ver a Gonzalito ir  “chorarlle” a Aragunde porque lle berraron a súa palabra “maldita”, lembrábame a   ese neno que, tamén,  chega chorando a casa  porque no colexio non paran de meterse con el. Finalmente decidín marchar, deixando a Gonzalito contándolle as súas penas a Aragunde .
      Deste “encontro” con Gonzalito pódense a sacar moitas conclusións, a primeira, loxicamente,  sobre todo para os que non me coñecedes, será que pensaredes que
son un maleducado e, nese sentido, debo dicirvos que tedes toda a razón pero é que Gonzalito tampouco se caracteriza por ser, como dicilo, “unha persoa de modais exquisitos”: nunha ocasión, chamou  “parasitos ineptos” aos membros do BNG e do PSOE, que lle guste ou non representan a unha parte importante de Vilanova de Arousa e  incluso dixo  (e cito textualmente): “(...) alguno de ellos incluso aprovecha el cargo para sus intereses y venganzas personales (..)”  ¡¡que razón tes, Gonzalito! Para políticos honrados e íntegros xa temos aos teus compañeiros Louzán e Tourís, eses seguro que non se aproveitan do cargo ¿non?. Por outro lado,  o alcalde de Vilanova tamén é coñecido polas súas saídas  e desplantes nos plenos municipais, vamos,  o que se di unha verdadeira xoia a  criatura!!.   
      A min, persoalmente, este “experimento” valeume para
avaliar  a catadura moral do personaxe; Gonzalito é o típico político pepero (ao igual que os anteriormente mencionados Louzán e Tourís) que pensan que o concello ou a Deputación son a súa finca particular e acostumados a ter un coro de lamecus o seu redor, créndose  por enriba do ben o do mel. Polo visto Gonzalito soamente ten o corpo acostumado a recibir piropos do estilo “guapo” ou “queremos un fillo teu” por parte das mulleres que, no momento que alguén lle di algo que non lle agrada, aínda que sexa, simplemente,  o nome do partido do político da coleta, entra en cólera...........non quero nin pensar  que pasaría si no canto diso lle chego a nomear a súa señora nai ( a cal por certo ten todo os meus respectos). 
      Quizais nese sentido os cambadeses temos mais sorte, pode que Aragunde sexa un pobre pelele de Tourís (que o
é), pode que sexa un mentireiro (que o é) ou pode que sexa un covarde que a hora da verdade non da a cara ( que tamén o fai) pero polo menos ten mais cintura que o seu homologo vilanovés e sabe aceptar mellor os berros, aínda que ás veces dedique algunha das súas miradas de “perdoa vidas” como, recentemente, fixo á  toda xente que protestaba, na inauguración da Festa do Albariño, polo tema do conflito da piscina municipal.    
      En relación ao meu “encontro” con Gonzalito gustaríame ter dito ( parafraseando as verbas do recen xubilado rei Juan Carlos I “O Campechano”): “lo siento mucho, me he
equivocado y no volvera a suceder”  pero nada mais lonxe da realidade; si maña mesmo me cruzase con el outra vez, tede por seguro que volverei a conxugarlle a primeira persoa do plural do verbo PODER; é mais, invítovos a  todos a que fagades o mesmo si tedes a fortuna de coincidir con el, iso si con educación, non  vaia a ser que algún se lle suba á chepa e o agarre polo pescozo mentres lle berra ao oído;  ante todo, bos modais (os mesmos dos que carece Gonzalito) incluso poderíase tratar dun novo reto, de
spois do “Legado de Tibu” e o reto do “cubo helado” poderíase crear o reto de ver quen é mais orixinal, berrándolle a Gonzalito a xa famosa palabra.
       Gustaríame despedirme dándolle todo  o meu apoio aos vilanoveses e vilanovesas, ter a Gonzalito de alcalde debe ser todo un suplicio, lembro como o mesmo sempre estivo moi interesado en exportar a imaxe do Salnés en xeral e de Vilanova en particular, así o manifestou o ano pasado con motivo da saída de La Vuelta Ciclista a España  dende a xa famosa batea e, mais recentemente, na reunión do presidente do goberno no Monte Lobeira , onde
lle pediu a Mariano Rajoy que seguise vindo as Rias Baixas porque era unha gran promoción turística; pois ben, a imaxe, que neste momento moita xente ten de Vilanova de Arousa, é a do seu máximo representante, o alcalde, un tipo tan “democrático” que  ¡ai de ti como se nomees outro partido que non sexa o seu amado Partido Popular!  Seria como si a Dracula lle sacases unha cabeza de allos ...agora que o penso Gonzalito tamén ten un aire con Nosferatu, o primeiro vampiro levado ao cine, espero que non veña de noite a chupanola.........a sangue se entende.  
                 
      Un saúdo a todos.
                 RICARDO DOMINGUEZ REY 
             


Ningún comentario: