![]() |
FATIMA ABAL (Foto: Faro de Vigo). |
“ERA A MEU DEBER DENUNCIAR, FOI A DECISIÓN ACERTADA”
Fátima Abal converteuse esta semana na protagonista da semana política en Cambados despois de que decidise poñer en coñecemento da Fiscalía a
irregularidades co pago de horas extras que podería cometer o Concello da nosa localidade, co seu Alcalde á fronte.
![]() |
Fatima cos seus compañeiros despois de presentar a denuncia (Foto: Pontevedra Viva) |
-Acaba de dar un dos pasos máis importantes da súa carreira levando ante o fiscal ao Alcalde, Foi difícil tomar a decisión?
-Non, penso que foi a decisión acertada. Tiña coñecemento de que se podía estar cometendo un delito e era o meu deber poñelo en coñecemento da fiscalía para que sexa o fiscal quen vexa si os feitos que lle comunicamos son ou non constitutivos de delito.
-Si, desde o Concello non se nos facilita ningún tipo de información. Non contesta aos escritos , tardan en darnos unha resposta e obstaculizan o noso labor da oposición. Por todo iso xa presentamos cinco queixas ante o Valedor do Pobo. Sobre este tema teremos que tomar cartas no asunto e actuar doutro xeito.
-Ten pensado tomar novamente medidas legais contra o Concello?
-Posiblemente.
-Conta co apoio dos informes da interventora? Confía en que se fará xustiza?
-Por suposto, si non confiase na xustiza non acudiría a ela. Teño esperanzas en que á vista de todos estes informes de intervención a Fiscalía admita a trámite o escrito e empeze a investigar o que está ocorrendo no concello de Cambados. Hai que ter en conta que eu só entreguei a documentación dos dous últimos anos, desde que son portavoz municipal, pero esta é unha práctica que se leva realizando (no caso das horas extras) desde fai dez anos, e no caso do arqueólogo
once anos.
![]() |
Cores Touris, tamén está implicado no tema das "horas extras" segundo o PSOE. |
-Entón todo isto poderíalle afectar ao Delegado Territorial da Xunta de Galicia e anterior alcalde de Cambados, Cores Tourís?
-Posiblemente si.
-Outros partidos viron o mesmo e non foron aos tribunais? Que lle parece?
-Iso é decisión de cada partido e cada un terá os seus motivos para ir ou non aos tribunais. No meu caso comuniqueillo ao PSOE provincial e á vista da documentación aportada, un avogado viu o que había e opinaba que era constitutivo de delito e que tiñamos que actuar canto antes. O deber de calquera persoa, e máis dun partido político, é que cando ten coñecemento de que se está cometendo un delito debe poñelo en mans da xustiza.
-Cre que a poden tachar de oportunista por denunciar a nove meses dunhas eleccións?
![]() |
O PP Local con "Chochito de Oro". |
-Ten a impresión dun fin de ciclo do PP local?
-Ogallá, pero non sei.
-Por que sempre cobran máis os mesmos funcionarios? Atrévese a facer unha valoración do que sucede?
-Está claro que eses funcionarios que cobran máis (o alcalde estes días nunha nota de prensa referíase a operarios, xente que se dedica a realizar actividades culturais ou a Policía Local) non son precisamente as persoas que nós mencionamos no escrito presentado ante a fiscalía. Esa xente que cobra produtividades, gratificacións e horas extras son persoal de oficina.
-Será vostede candidata polo PSOE? Ten xa preparadas as liñas mestras da campaña?
-Non, aínda non. A única liña que si defendo é a
transparencia e a honestidade e abrigo nun representante político.
![]() |
Fatima Abal cun "peso pesado no PSOE, Susana Diaz. |
-Teme a reforma electoral do PP?
-Non, pero paréceme unha lei moi populista. Eles si que empezaron a campaña electoral porque temen perder as grandes cidades que están gobernando. Pero non entendo porque non defenden unha elección directa para os presidentes das deputacións.
-E o efecto Podemos?
-É un partido cidadán que está descontento coa imaxe que deron determinados políticos. Non estou de acordo en que nos denominen “casta”, eu son unha persoa normal e corrente que estou no paro como tantísimos españois e nai de familia.
-Pesará máis o efecto Pedro Sánchez?
![]() |
Fatima Abal co Secretario Xeral do PSOE, Pedro Sanchez. |
A nivel rexional Como ve o seu partido?
-Besteiro é unha persoa nova que ten moita ilusión e está moi preparado.
-Estes días o alcalde acúsolle de chamarlle “Alcalde cabrón”.
-Primeiro acúsome de chamarlle “alcalde cabrón”, pero logo xa non me acusaba a min senón a unha persoa coa que eu compartín pancarta que poñía “piscina solución xa”. Si eu son culpable de verter contra o un insulto por compartir unha pancarta cunha persoa que
presuntamente insultoulle, tamén lle debo eu de reprochar diante de todo o pleno por compartir mesa e outras cousas cun corrupto que está en prisión como Jaume Matas e ao que o mesmo defende ao non retirarlle o galardón de Cabaleiro do Albariño. Non o vou a facer porque non todos somos iguais e iso que a miña afirmación si é certa porque esa persoa está en prisión e a súa todos sabemos que non o é.
![]() |
Non sabemos si Luis Aragunde é un "cabrón", pero si sabemos que é un TRAMPÓN. |
-Falando dos títulos de honor da nosa localidade, Parécelle xusto que se nomease a un concelleiro do concello de Cambados Cabaleiro do Albariño?
-Todos sabemos que normalmente noméase a xente afín ao Partido Popular. Non sé cales foron os motivos para nomealo a el Cabaleiro, pero coméntase que hai uns motivos ocultos.
![]() |
As tres concelleiras do PSOE de Cambados. (Foto La Voz de Galicia). |
-Agora mesmo temos moita ilusión e ganas de traballar e estámolo demostrando.
-De ser gobernado só por homes agora teñen á fronte a tres mulleres?.
-É un gran orgullo, estaba desexando que entrase Regina.
ENTREVISTA RECOLLIDA DE "ALZA LA VOZ CAMBADOS".
Ningún comentario:
Publicar un comentario