6 de set. de 2014

OPINIÓN: O CINISMO DA DEPUTADA DO PP PAULA PRADO NON TEN LÍMITES. ¡¡¡VÁIASE SRA. PRADO, VÁIASE!!!

ESTE “ELEMENTO” FOI A PRIMEIRA EN PEDIR A MIÑA DIMISIÓN POLO DE “CHOCHITO DE ORO" E HOXE A XUÍZ DE LUGO ACUSA DE CATRO DELITOS. ¡¡¡E SEGUE SEN DIMITIR!!!
Hoxe leo atónito a edición dixital de “El Pais” (por certo ler o artigo completo non ten desperdicio) que comeza dicindo:
“Tráfico de influencias, prevaricación, falsidade documental e cohecho. A xuíz Pilar de Lara (nalgúns medios de prensa cualifícana como a fin ao PP, para que se vexa que non é unha xuíz “roja”)  enumera na exposición motivada que remitiu ao Tribunal Superior de Galicia (porque Pauliña está aforada) os supostos delitos
que aprecia na deputada galega e exportavoz do PP Paula Prado do Río durante a súa actividade como concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego no Concello de Santiago”.
O escrito da Xuíz segundo conta El Pais é demoledor,  son os catro delitos mais graves dos que
"-Siempre nos quedará el dinero.."
se pode acusar a un político e ao parecer resultan indicios mais que probados, segundo consta na causa, nos que esta elementa, Paula Prado, é a suposta autora, e aínda que dimitiu como voceira do parlamento galego , segue sen dimitir como Deputada. Está claro que eu non lle vou pedir

responsabilidades ao PP e o seu coro mediático sobre este individua, porque eu xa sei de sobra que o PP “ve a palla no ollo alleo , pero non ve a viga no propio”. A quen lle pido explicacións , neste caso ademais responsabilidade son os deputados do BNG Francisco Jorquera e Olaia
Fernandez Davila (do parlamento de Galicia e español respectivamente), porque eles despois da “tipiña” do PP, Paula Prado,  foron os seguintes en
pedir a miña dimisión, incluso insultándome.  Porque estes deputados do BNG non piden INSISTENTEMENTE  a dimisión (ate que dimita) de Paula Prado, porque os colectivos feministas do BNG non piden a dimisión de Paula Prado,  en fin porque o BNG non
pide reiterativamente a dimisión desta deputada do PP. Non o entendo, alguén do BNG mo pode explicar?
Paula Prado nas primeiras declaracións a  prensa (podes ver o vídeo ao remate) chegou a dicir cando remataba a solicitude da miña dimisión “Fraco favor lle fan a política manifestacións como
esta”, e eu agora pregúntolle a deputada do PP, que favor lle fai a política quen rouba cartos públicos, quen prevarica, quen enchufa a xente en postos públicos para favorecer aos seus familiares, quen falsifica documentos públicos? Delitos  dos que a xuíz de Lara ven de acusar recentemente a esta deputada, pódeme dicir Sra. Prado que o que está facendo en política Vde. aparte de presuntamente delinquir (segundo di a Xuiz De Lara)
Só falta que para completar o cúmulo de despropósitos que o ínclito Luís Aragunde  propoña a Sra. Prado para “Dama do Albariño”, mais que dama sería "madama".
Váiase Sra. Prado, ¡¡¡Váiase!!! POR DIGNIDADE.
XAQUIN CHARLIN “CHON”.







1 comentario:

Unknown dixo...

pero o jorquera este e mais a olaia so do bloque ou lanbeñe o cu os do pp que os vote sua abuela que eu non os voto