6 de set. de 2014

GRAVE ATROPELO EN FEFIÑANS

Paso de peóns onte ocorreu o feito.
UN MATRIMONIO DO LUGAR HOSPITALIZADOS A CONSECUENCIA DO MESMO.
Onte a tardiña, no paso de peóns existente na Rúa Pombal de Fefiñans, un matrimonio de xubilados residente no barrio que estaba efectuando o seu habitual paseo vespertino, foron salvaxemente atropelados cando cruzaban o devandito paso de peóns.  Cando o matrimonio procedente do paseo
marítimo cruzaban cara a Rúa Sevilla a altura do Mesón o Muíño e cando xa estaban a punto de rematar de cruzar o paso unha moto freou para deixalos pasar, non así un  dos coches que viña detrás da moto e colisionou con esta causando unha colisión en cadea co fatal resultado dos dous xubilados atropelados e os cales foron ingresados nun centro hospitalario. A muller aínda que ía consciente  ía sangrando abundamente pola cabeza, mentres o home foi levado inconsciente ao centro sanitario. O matrimonio moi coñecido no barrio de Fefiñans, ao parecer están fora de perigo,  aínda que o seu estado é grave agás complicacións.


Ningún comentario: