12 de set. de 2014

O BNG PRESENTA UN ESCRITO NO CONCELLO DENUNCIANDO SOLAPADAMENTE UNHA MALVERSACIÓN DE CAUDAIS PÚBLICOS, CON RESPECTO A NON COLOCACIÓN DUNS PANEIS SOLARES XA MERCADOS.

EN TROQUES, PORQUE NON ACUDE AO XULGADO A DENUNCIALO?
Non é un escrito mais que presenta o BNG no concello de Cambados, no mesmo solapadamente estase a denunciar un malversación de caudais públicos, pero en troques o
BNG, seguindo unha política errática, ao noso criterio,  non acude ao xulgado a denuncialo.  No BNG  sempre se dixo que non queren “xudicializar a vida política” (CRASO ERROR), pero ao noso criterio estes escritos non valen
practicamente para nada, agás para que Aragunde os tire a vasoira por non usar unha frase escatolóxica. O BNG debía de seguir os consellos que levaron a presentar a única denuncia  que presentou no xulgado ate o de agora, cando estaba Chon como concelleiro, a denuncia do Pinal de Maza, hai que deixar a xustiza traballar, pero tamén hai que poñela a
traballar que para iso está, senón o PP séguese a rir de todos, nalgunha das denuncias han de caer, pero se non se presentan non cae nunca. 
De todos xeitos  aquí vos deixamos o
escrito presentado polo BNG, no que entre outras cousas  di  que na acta da sesión ordinaria celebrada polo pleno da corporación municipal o día 26 de xuño de 2014, no punto 10º -Rogos e Preguntas-, aparece, textualmente, unha serie de preguntas: “O portavoz do BNG, Sr. Caamaño Rivas pregunta se no concello existen paneis solares (para a piscina) e quere
saber cantos, onde, desde cando, se están instalados e, de non ser así, a razón pola que non se colocaron (na piscina)”. Así mesmo, estas preguntas sobre a posible existencia de paneis solares para instalar na piscina municipal, tampouco foron contestadas no último pleno ordinario do mes de agosto. A razón de facer estas preguntas é que ata o BNG chegou información de que realmente existían os citados paneis desde hai tempo e que se encontran almacenados e sen colocar. De ser isto certo, o BNG non entende como sendo o gran gasto enerxético da piscina o principal problema para xestionala sen que produza perdas económicas, como non se aplicou unha medida (instalación de paneis solares) que podería reducir o consumo enerxético e, polo tanto, conseguir un aforro dos gastos de mantemento que está a pagar o concello; polo que remata solicitando ao BNG que sexan contestadas as preguntas do BNG realizadas no pleno ordinario de xuño, en relación á existencia de paneis solares para instalar na piscina municipal.            
 


Ningún comentario: