12 de set. de 2014

O DERRADEIRO GRAN ESCÁNDALO DO ALCALDE LUIS ARAGUNDE: NOMEOU CABALEIRO DO ALBARIÑO A EULOGIO POMARES PARA QUE NON LLE DEMITIRA COMO CONCELLEIRO

EULOGIO POMARES
(Foto: La Voz de Galicia)
SEGUNDO O BLOG “CORES DE CAMBADOS” A SITUACIÓN DE LUIS ARAGUNDE É LIMITE NO CONCELLO.
No día de hoxe o blog cambadés “CORES DE CAMBADOS” un dos blogs mellores informados en temas do concello polo bo facer do seu administrador e polos seus confidentes, hoxe
Foto: Faro de Vigo.
contanos unha nova que raia o escándalo habido e por haber no noso consistorio. Si é certo o que nos conta “Cores de Cambados”, estamos perante un dos caciqueos mais grandes  da historia cambadesa,

nomear cabaleiro a un concelleiro para que non dimita como tal, e o mesmo que prostituir o “Capitulo Serenisimo do Albariño”, unha entidade, por certo,  que está polo chan despois de ter a un dos seus cabaleiros no cárcere e non ter a dignidade de retirarlle o titulo, os que compoñen o capitulo serenisimo son uns completos “cagados”, non teñen personalidade ningunha e preganse
os desesos politicos do Partido Popular. Aos adegairos,  que “calan coma putas” (Así di o dito cambadés), segundo “Cores de Cambados” están moi molestos co nomeamento de
Eulogio Pomares como Cabaleiro. Eulogio fixose aínda mais famoso por aquel curioso episodio de quedarse a dormir nun pleno, un feito que tivo moita relavancia pública incluso a nivel estatal que fixo moita “pupa” personalmente a Eulogio, quen ao parecer chegou a poñer a
"Aragunde está cagado"
súa dimisión na mesa de Luis Aragunde. Ademais a nivel personal non é primeiro achegado a Eulogio que lle di que se segue como concelleiro do PP de Cambados o unico que fai e perder prestixio personal, o estar ao carón destes “camándulas”, a él non lle fai falla a política para vivir, como a eles.
A nova ademais fainos ver o “mal rollo” que hai no Partido Popular de Cambados,  onde
parte dos seus  pesos pesados están a pedir como auga de mallo a volta do “Caudillo de Oubiña” e Delegado da Xunta o ínclito Cores Touris, algúns deles nas eleccións europeas pediron o voto para "VOX". O mal rollo entre os peperos chega a que se lancen bulos entre uns e outros  para despretixiarse entre se mesmos,  e a dar informacións a blogs da
“oposición” para contar affaires que algúns deles son  tan personais,  actividades despreciables de cómo gastan os cartos públicos,  que por ser tan personais aos blogs non lle interesan ( raian  a intimidade personal) porque afectan a terceiras persoas que non están metidos na politica.
Por último remata o excepcional artigo o blog “Cores de Cambados decindo unha cousa que nos alarma moitisimo “Si todos os cambadeses tiveran acceso aos soldos, horas extras e trienios ( os interinos tamén cobran trienios) quedarían asustados”. Queridos amigos por quen “carallo” estamos sendo gobernados. 
Novas como a que publicou hoxe “Cores de Cambados” nunca as veredes na prensa do réxime, imposible ser tan directos, valientes e comprometidos.


Ningún comentario: