12 de set. de 2014

OPINIÓN; COMEZA A VENDIMA POR ZONAS.

UN ARTIGO DE RICARDO LÓPEZ COSTA
A vendima comeza en Galicia por diversas zonas, Monterrei, e
Ribeira Sacra xa están traballando, e a D.O.Rias Baixas quizais comece esta semana pola zona do Condado e o Rosal.
As adegas do Salnés están pendentes da climatoloxía, pois queren esperar o máximo posible, xa que de momento a graduación e moi baixa. O gran problema nesta recta final e que a temida Botritis(Pudren da uva), chegou para quedarse, e cada dia que pase fai
dano nos acios xa maduros, provocando unha desminución tanto na calidade como na cantidade.
A colleita estimase en 25 millóns de quilos, cantidade inferior a colleita pasada, algo que agradecen as adegas, pero que lesiona os intereses dos viticultores, xa que non esta previsto que os prezos
aumenten na mesma proporción.
Así pois si o tempo o permite o groso da vendima dará comezo a partires do dia 22 de Setembro, onde miles de viticultores darán comezo a unha colleita traballada con esforzo e dedicación durante case todo un ano.
UN ARTIGO DE RICARDO LÓPEZ COSTA

Ningún comentario: