12 de set. de 2014

EXPOSICIÓN ATIPICA AO MESMO TEMPO QUE ATRACTIVA

OS CLIENTES DO BAR “A DE LUPE” EXPOÑEN AS FOTOS DA SÚA PRIMEIRA COMUNIÓN NUNHA EXPOSICIÓN QUE SE INAGURA HOXE.
Exposicións en Cambados durante o ano hai moitas, e por certo non todas organizadas polo concello. O Bar “A de
Lupe”, pese a non ser aló moi grande, nesto das exposicións e un dos lugares mais dinámicos para a realización de exposicións de pintura tanto de artistas consagrados como é o caso de Lino Silva , que foi o ultimo en expoñer, así como artistas noveís que están a comezar nesto da pintura. Pero a inauguración que  se estrena hoxe no bar “A de Lupe”, non ten parangón, pois tratase de fotos da primeira comunión de
moitos dos seus clientes habituais, algúns xa sobrepasando os 70 anos, nelas poderemos ver traxes de comunión dos anos 50, 60, e 70, e facer as oportunas comparativas. Unha exposición , decimos que se inagura hoxe sobre as 20.00 horas, ou sexa que se non tedes nada que facer nesta tarde noite de hoxe venres, xa sabedes darse unha volta pola Bar “A de Lupe”, onde podereves ver esta curiosa exposición, así como  gozar dun viño albariño, que por certo é excelente neste bar.

Ningún comentario: