11 de set. de 2014

OPINIÓN:POLÉMICA PONTE DE SISAN.

No mes de Marzo inauguraban a nova ponte entre Barrantes e Sisan, paralelo a ponte de Barrantes a Cambados, por aquel entón os veciños do lugar, que non son enxeñeiros pero que entenden
de mareas, e inundacións prognosticaban que a ponte nacía con un defecto estrutural na súa altura, pois o non aproveitar as novas obras para elevar a súa estrutura, isto supoñía unha barreira para desembocadura do rio Armenteira.Hoxe as 18,00h. en plena subida da marea, e como se aprecia nas imaxes, a auga rompía contra as vigas da ponte, non
quero imaxinar un dia de inverno , onde coincidan as mareas cos dias de choivas e o refugallo das correntadas. Os veciños do lugar igual cos veciños da autovía do Cantábrico por Mondoñedo, non dan crédito a que obras desta tenor se fagan dende os despachos sen pisar nin consultar os veciños do lugar.As obras da depuradora foron elevadas gracias a insistencia veciñal, sen embargo os gastos e inversións son millonarias sen escoitar a ninguén, salvo os oportunismos políticos.
UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA

Ningún comentario: