14 de set. de 2014

O FILME FRANCÉS 'A LAMPE AU BEURRE DE IAC' GAÑA O 7º FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU

O SEGUNDO PREMIO FOI PARA A PRODUCIÓN GALA LE FUGUE'.  E A MELLOR CURTAMETRAXE GALEGA DESTA EDICIÓN FOI '3-1=0' DO CAMBADÉS JUAN GALIÑANES.
O filme francés 'A lampe au beurre de Iac' (A lámpada de mantequilla de Iac) gañou o pasado sábado a sétima
edición do Festival Internacional de curtametraxesde Bueu (Pontevedra). O alcalde da localidade pontevedresa, Félix Juncal, foi o encargado de facer a entrega do galardón ao productor da cinta, Julien Féret, dotado con 2.000 euros. O rexidor remarcou que, con este certamen, Bueu faise cada vez "máis internacional". Durante o seu discurso, Julien Féret aludiu á "maxia do cine", que fai que tres anos de traballo parezan "sinxelos na
pantalla", aínda que "en realidade non estiveron exentos de dificultades para acabar rodando en China con protagonistas tibetanos". O segundo premio do xurado, que ascende a 1.000 euros, foi para outra produción gala, 'Le Fugue' (A fuga), cuxo director, Jean-Bernard Marlin, recoñeceu "o traballo do seu equipo". 'Meu amigo Nietzsche' foi a vencedora do premio do público, premiado con 500 euros, que acadou a mellor puntuación outorgada pola audiencia en "a historia do festival". A mellor curtametraxe galega desta edición foi '3-1=0', galardonado tamén con 500 euros. O seu realizador, o cambadés Juan Galiñanes, destacou o "relevante papel" dos espectadores que apoian ao cine, así como este tipo de eventos.

Ningún comentario: