14 de set. de 2014

UNHA MULLER EVITA O ROUBO DA SÚA NENA EN OUBIÑA-CAMBADOS

DÚAS MULLERES AO PARECER DE NACIONALIDADE ROMANESA AS AUTORAS DO ROUBO ABORTADO.
Fai uns días, e non transcendeu polo de agora a prensa, unha muller de Oubiña foi protagonista principal dunha historia da que non damos creto, pero que nos foi contada por xente achegada a familia da referida señora. Ao parecer  a muller estaba vendo a televisión a na súa casa, cando lle pareceu que alguén andaba pola mesma, ergueuse e veu a dúas mulleres, ao parecer de
nacionalidade romanesa pola forma de expresarse , que lle levaban a nena de curta idade en brazos,  a muller empezou a chamar a atención e a muller que levaba a nena en brazos caeu  así como a nena, polo que a señora de Oubiña puido coller a súa nena, que non sufriu ningún dano, e alertar aos veciños así como as forzas de seguridade. A posible secuestradora alegaba que quería pedir axuda porque se lle mangara a furgoneta, por certo nela estaba a esperalas un home  que estaba no asento do condutor. Ignoramos si  se realizaron investigacións polas autoridades ou non a dia de hoxe, pero creemos que si, pero que sirva esta nova de alerta que nin estando nos na casa podemos estar tranquilos.
UN INTENTO DE SECUESTRO EN PLAU SOLITÁ I PLEGAMANS (BARCELONA) SIMILAR AO DE VILARIÑO REMATA CUN ESCRITO DO CONCELLO  ALERTANDO AOS VECIÑOS E A PRENSA.
O noso corresponsal en Barcelona, o querido amigo Ricardo Dominguez, infórmanos que un intento de secuestro dunha moza duns 18 anos no concello de Plau Solitá i Plegamans (Barcelona) por parte de dous individuos  nunha furgoneta
azul cos cristais "tintados" e o volante na dereita (posiblemente un vehículo inglés) o concello reaccionou inmediatamente e organizou unha reunión de seguridade cidadán (ver escrito do concello en cuestión mais abaixo), en troques no intento de secuestro que houbo en Vilariño-Cambados e que contou este blog o concello reaccionou "mandándolle" o seu “esbirro” nas redes sociais criticar duramente o administrador  deste blog.  Verdade que hai diferencia entre a reacción dun concello e de outro.



Ningún comentario: