14 de set. de 2014

25 ANOS DESPOIS, UNHA NOITE MOI ESPECIAL

UN ARTIGO DE JOSE ANTONIO COSTA
Antonte , sábado a noite fomos de cena un grupo de amigos, todos compoñentes do Club Juventud de
Cambados categoría Xuvenil da temporada 88-89. Non houbo pleno, faltaron 3 persoas, pero foi para min moi emotivo despois de 25 anos poder recordar anécdotas e vivenzas dos catorce asistentes que nos demos cita, co gran
¡¡¡25 ANOS DESPOIS!!!
Domin, o noso adestrador tamén daquela época. Unha marabilla poder repetir foto aínda que non no mesmo sitio porque o Campo da Merced xa non existe. Paseino en grande durante a miña etapa como xogador e paseino en grande onte con todos vos. A miña sensación foi coma se alguén moi achegado a ti volvese dunha longa longa viaxe para quedar para sempre. Gracias os sentimentalistas que tiveron a xenial idea de xuntarnos. Foi emotivamente inesquecibel.
UN ARTIGO DE JOSE ANTONIO COSTA

Ningún comentario: