15 de set. de 2014

UNHAS DECLARACIÓNS NO PROGRAMA DE MARILÓ MONTERO LEVAN A PEDRO CAMPOS, SUPOSTO AMIGO DO REY JUAN CARLOS A QUERELARSE CONTRA UN VOCEIRO DE SOS PANADEIRA

O VOCEIRO E AVOGADO CARLOS QUINTIA DIXO QUE  O AMIGO DO  REI CONTRATARA MATÓNS PARA PEGARLLE AOS VECIÑOS.
O conflito pola instalación de pantaláns na praia de Panadeira por parte do Real Club Náutico de
Sanxenxo continúa derivando en encontros nos xulgados. Nesta ocasión,o presidente do Náutico, Pedro Campos, presentou unha demanda contra o coñecido avogado Carlos Quintiá, un dos voceiros daplataforma SOS Panadeira, por realizar unhas declaracións
no programa de televisión 'La mañana de la 1', que presenta Mariló Montero, durante o 28 de febreiro cando dende este programa daban cobertura ao conflito pola instalación das dársenas.
Nestas manifestacións, Carlos Quintiá afirmaba que Pedro Campos contratara "unos matones para hostiarlos", en referencia a un enfrontamento que se producira entre os
veciños e persoal da instalación deportiva de Sanxenxo ante o incendio dunha estaca dun dos novos espazos marítimos.
Durante o programa, o presidente do
Náutico xa ameazou a Carlos Quintiá con "verse nos xulgados" se non había unha retificación. Lonxe de dar marcha atrás, o voceiro da plataforma ratificouse nas súas declaracións e tamén ameazou con presentar denuncias.
Quintiá terá que comparecer o 9 de outubro no Xulgado de Primera Instancia e Instrución número un de Cambados. Alí tomaráselle declaración sobre a denuncia efectuada durante o programa televisivo. O voceiro, en
declaracións a Radio Arosa, mantén todo o que dixo durante a emisión e afirma que Pedro Campos "é un depredador de bens públicos e un expoliador".
Campos sinala que Quintiá foi citado a un acto de conciliación para intentar chegar a un acordo e, non obstante, o voceiro veciñal non se presentou. Mantén que as acusacións carecen de fundamento.
FOTOS  ENOVA RECOLLIDA INTEGRAMENTE DE PONTEVEDRA VIVA (ONDE PODES VER TAMÉN O VIDEO DO PROGRAMA)-


Ningún comentario: