23 de set. de 2014

O PROGRAMA “BOAS TARDES” DA TVG, NA DE LUPE

FACÉNDOSE ECO DA NOVA DESTE BLOG SOBRE A EXPOSICIÓN DAS PRIMEIRAS COMUNIÓNS.
Que a exposición das primeiras comunións no Bar de Lupe, sito na rúa Isabell, está dando moito que falar, é un feito,
tanto,  que chegou a oídos dos redactores do programa da TVG  “Boas Tardes”, en parte grazas o eco que este blog lle dou a exposición. Así que dous reporteiros desprazáronse hoxe ao mediodía para gravar. Entrevistaron a varios protagonistas da exposición  e
foron informados  detidamente polo Comisario da exposición José Manuel Dominguez “Domin”.  
O programa  case con toda seguridade emítese o vindeiro xoves  a partir das 16.45 horas. 
“Boas Tardes” é un magazine dinámico, creado coa vocación de informar e entreter, con  entrevistas,
faladoiros,conexións en directo, público no estudio e actuacións musicais.
 Outra das grandes apostas de “Boas Tardes” é o equipo de novos profesionais que percorrerán a diario o país, co cometido de achegar cada xornada as noticias máis recentes, dun xeito entretido, directo e claro, desta vez tocoulle a Cambados, grazas o bar "A de Lupe".

Ningún comentario: