23 de set. de 2014

O ACTOR CAMBADÉS ADEMAR SILVOSO, ESTRENA “BABEL, CANTO DE SEREAS” ESTE XOVES 25 DE SETEMBRO AS 21 HORAS

DENTRO DO 8º FESTIVAL GALEGO DE CABARÉ QUE SE CELEBRA EN A CORUÑA,  DO 24 AO 28 DE SETEMBRO
Este xoves, o actor cambadés Ademar Silvoso estrea na Coruña unha nova obra de teatro, "Babel. Canto de sereas",
baixo a dirección de Nelson Quinteiro na compañía Femme Fatale. Ademais, Femme Fatale organiza o 8 Festival Galego de Cabaré, que conta cunha programación moi nutrida e que será no teatro Colón. Un percorrido polas músicas e estéticas de primeiros do século XX e ao redor de todo o globo da man de diferentes propostas
musicales e escénicas que nos levarán a unha  viaxe moi especial. 
A gala, conducida pola monologuista CRISTINA MOREIRA e polo director da mostra, NELSON QUINTEIRO, contará coa participación da formación CASPERVEK Trío, unha
proposta musical de altísima calidade que chega desde Vigo e que poñerá música a fragmentos de cine mudo e clips de películas universalesalrededor do cabaret como estética. Así mismo contarán  coa presentación do traballo
musical THE POCKETTES da man do coñecido grupo FALTRIQUEIRA de Pontedeume, unha propuestaa capella que lonxe da música tradicional á que nos teñen acostumados toma músicas de vodevil ou músicas de cabaré de principios de século e entreguerras para ofrecelas de xeito máis distendida. Para continuar coa travesía cruzaremos o océano atlántico ata chegar aos salóns de tango encabezados pola
voz de IRIA LIS e a súa formación TANTO TANGO de Coruña, onde se xuntan músicos de gran calado como o contrabajista QUIQUE ALVARADO ou o guitarrista GUSTAVO DEVITTO. 
Para amenizar a velada, ademais contaran cunha MOSTRAS DE IMPROVISACIÓN COREOGRÁFICA despois do curso de IMPRO-JAZZ-CABARET que será impartido a semana previa ao 8º Festival Galego de Cabaret.
O festival é  completamente autoxestionado, sen ningún tipo de suvención





Ningún comentario: