23 de set. de 2014

OPINIÓN: “DAVID CONTRA GOLIAT”

Evidentemente cando se creou o portal “Cambados Noticias” , non tiña por obxectivo nin moitísimo menos loitar
contra a prensa do réxime, xa de sobra sabedes  quen son a “Prensa do Rexime”,…esa caverna mediatica da dereita en
Arousa (diarios, tv e radio) , seria de ilusos loitar

uns blogueiros “de merda” como din eles,  contra unha maquinaria tan “engrasada” e “subvencionada” coma a "prensa do réxime". O obxectivo de “Cambados Noticias”, foi e ven sendo
informar doutro xeito ben distinto, sen estar influenciados nin por políticos nin por gobernantes nin subvencionados por estes e cada blog ca súa forma de pensar e ca súa liña editorial ben distinta, é informar das cousas que precisamente nunca veredes na prensa do réxime.  Os que compoñen Cambados Noticias non
teñen familiares traballando no Concello ou na Deputación, non recibimos cartos dos políticos de quenda,  ou tantos gobernantes que enchen de cartos estes medios para despois usalos a súa maneira en época electoral.
En setembro comenza un novo curso político,  está aberta a veda, é dicir a "prensa do réxime" xa empezou a campaña a prol dos populares, cantando as súas excelencias, contándonos as súas obras , dicindo o bos que son en entrevistas variadas, pero nunca, repetimos
NUNCA vos contarán as súas falcatruadas, como fan os seus chanchullos, como conseguen tanto por cento de obra pública (non pasa só en Cataluña tamén pase aquí en Cambados , O Grove, Vilagarcía, Pontevedra etc.), nunca vos contaran
como pasaron de ter débedas a ser supermillonarios. Nunca vos contaran as empresas que teñen en outros países , nunca vos contaran que son os seus testaferros nas empresas que fan as obras públicas, non vaia tocar a alguén da familia, nunca vos contarán como ameazan a
xente con non dar postos de traballo. Tampouco a "prensa do réxime" vos contarán nunca como desprezan aos incapacitados, aos enfermos, como non reparan escolas, ou como a xustiza vai polo mar abaixo, nunca vos contarán
iso porque mercaron as vontades dos seus editores e redactores. “Ou falades ben de nos ou non hai un peso”, así funciona este negocio da prensa.E o trato  a oposición é vexatorio, xa todos sabemos que nin BNG nin PSOE van protestar nunca contra a “Prensa do Rexime” ao menos
públicamente porque serian silenciados ipso-facto, pero en privado si o fan e laianse do pouco caso que lle fan e a veces incluso traicionandos  como cando reciben unha nota de prensa da oposición e a “Prensa do Rexime” o
primeiro que fai é levantar o teléfono e chamar  o alcalde de quenda ou o xefe de prensa para   espetarlle “Sabes lo que dice la nota de prensa que nos acaba de mandar…, que ponemos de vuestra parte” e xa na mesma nova poñen a contestación do gobernante de quenda, non fan así cando a nova lla da que os os subvenciona, e dicir non chaman a oposición, a veces incluso non lle publican as notas de prensa, non é a primeira nin a
última vez que o fan. “Cambados Noticias” o único que fai e contarvos a verdade, polo de agora son 2711 membros os que seguen día a dia este portal de Facebook, pero son moitos mais os que seguen os blogs que o compoñen,  un deles non fai moito bateu records de escándalo en visitas para un
blog da vila de Cambados e non falamos precisamente deste blog . Insistimos nunca coa idea de competir coa "prensa do réxime", senón de contar a verdade e as vergoñas politicas dos nosos gobernantes,
gobernantes do que só contamos as súas vergoñas públicas, pero que se contamos as privadas “flipariades”, pero iso non entra nin entrará no obxectivo de “Cambados Noticias” nin creo de ningún blog que compón este grupo. 
Xa sabedes, se queredes transparencia, veracidade, verdade, información da boa,  entrade a diario en Cambados Noticias, o demais e pura borralla, que como dicía un cambadés de pura cepa “ está comida polos microbios da ignoransia”.
XAQUIN CHARLIN “CHON”.


Ningún comentario: