19 de set. de 2014

OPINIÓN:A COLLEITA DO ALBARIÑO ESTASE COMPLICANDO.

UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA
A climatoloxía estalle ganando o pulso os viticultores da D.O. Rias Baixas, que ven como dia tras dia se atrasa a
vendima, mentres a "botritis"  estraga os froitos de todo un ano de traballo.
As intensas choivas destes dias están a pasar factura en negativo para todo o sector, pero especialmente os pequenos viticultores que dependen destes ingresos para solucionar as economías familiares.
E mentres isto pasa a Consellería de Medio Rural, esta a mirar para outro lado, pois en vez de convocar con urxencia a "Mesa do
Viño", para analizar e tomar medidas, non ten previsto ningunha medida nin ningunha reunión.
Os sindicatos agrarios solicitaron esta reunión na primavera pasada, para tratar varios asuntos importantes, tal como fixar os prezos de campaña, pero a consellería en sintonía co sector industrial fanse de rogar,
e non atenden as peticións do sector vitivinícola.
De persistir estas choivas, a diminuída colleita deste ano, pode quedar en nada, e en nada quedan os traballos dos responsables políticos obrigados a defender o sector, ou ao menos para iso foron elixidos.
UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA

Ningún comentario: