4 de set. de 2014

PERDESE UNHA PINCHER FEMIA NA ZONA DE AIOS – PORTONOVO

PRÉGASE A QUEN ATOPE SE POÑA EN CONTACTO COA SÚA DONA.
O  domingo pasado desapareceu unha pincher femia, de 1 ano de idade, negra con algunha mancha marrón lume, pelo curto e cola longa. Foi visto como la levaban o domingo 31-08-2014 ás 12:30 na zona de Pragueira, Aios, Portonovo, UNHA PARELLA cun FORD FOCUS cor Gris Aceiro, de 4 portas, coche con cu alargado
con maleteiro e matrícula con 3 letras. Falan galego (algo de seseo), o mide 1.80 aprox,  é fortote, pelo curto negro, cara redonda, sobre os 40 anos de idade. Ela é pouco máis baixa, e complexión normal. El vestía un polo, un bañador e unhas lentes de sol, e ela levaba pañoleta e lentes de sol, e roldaba tamén os 40 anos de idade. Colleron o desvío cara a Noalla, AIOS. Os seus donos necesitan atopala con urxencia pois a súa compañeira de vida, unha yorkshire, non quere comer nin xogar desde entón. Si alguén a viu ou pode aportar algún tipo de información chamen ao 686601785 ou ao 628429911 (Alba). Os donos dan as grazas de antemán.

Ningún comentario: