E A ESTATUA DE FRAGA, TAMÉN FOI PAGADA CON DIÑEIRO NEGRO?
A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, esixe explicacións do presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ante un
novo informe da UDEF remitido ao xuíz Pablo Ruz e feito público polos medios de comunicación no que o corpo especializado da Policía Nacional sospeita dunha operación do pago dun embargo da sede do PP de Pontevedra en 2009 e 2010, cando Feijóo xa era o máximo responsable do partido en Galicia e presidente da Xunta.

“Ante unha información de tal gravidade, entendemos que Feijóo debe despexar calquera cuestión que poida poñer en dúbida a limpeza da súa xestión á fronte do PPdeG”, afirma
Cancela.
Cancela.
Os socialistas lembran que a unidade especializada da Policía Nacional ve “significativo” que a dirección estatal do PP asumise un embargo de 187.000 euros do partido en Pontevedra e que se comprobase que estes cartos non foron devoltos por cauces legais. Segundo Bárcenas, o PP pontevedrés devolveu os cartos, pero fíxoo en negro, e parte del foi abonado “en billetes de 500 euros e en sobres de cor marrón” por Bárcenas a Mariano Rajoy e María Dolores de Cospedal, un total “de 25.000 euros a cada un”.
“Ante unas acusacións de tal gravidade e un informe policial que constata que os cartos non foron devoltos por cauces legais, cremos que é necesario que Feijóo dea a súa versión dos feitos e deixe claro o que sucedeu, porque a transparencia é necesaria nestes casos”, di Pilar Cancela, que engade que “nesta ocasión o señor Feijóo non pode alegar que el non estaba ou que non pasaba por alí, xa que
era o máximo responsable do partido nese momento”. Cancela espera “unha explicación rápida e contundente nun momento no que está en dúbida a xestión do partido político que goberna en España e Galicia, e no que a imaxe e as compañías de Feijóo tamén seguen a ser tema de investigación nos tribunais galegos”.

ATA AQUÍ NOVA RECOLLIDA DE GALICIA CONFIDENCIAL
Fai uns días publicábamos neste mesmo espazo que o autor da estatua de Fraga o escultor Lucas Miguez, confesaralle en “petit comité” a un notable político cambadés que a estatua de Fraga fora encargada e pagada polo concello de Cambados, doutra banda o ínclito do noso Alcalde Luis Aragunde dixera nos medios do rexime
por activa e por pasiva que a estatua nin a encargara nin a pagara o concello , que foran uns “imaxinarios” industriais do sector do viño. Ante estas palamarias contradiccións, o lector debe sacar as suas propias conclusions, nos dende logo só nos preguntamos: Foi pagada a estatua de Fraga con diñeiro negro?

FOTOS: GOOGLE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario