5 de set. de 2014

MAÑÁ AS ONCE HORAS PLENO EXTRAORDINARIO SOBRE A PISCINA DE CAMBADOS

O ESCÁNDALO MAIS GRANDE DA ERA ARAGUNDE OCUPA O ORDE DO DÍA
Mañá as once da maña no Salón de Plenos do concello de Cambados, tal e como nos informa o PSOE  cambadés, terá lugar un pleno extraordinario con estes tres puntos do orde do día:
1º.- Ratificación se procede da urxencia da sesión.
2º.- Aprobación se procede da resolución do contrato de xestión do servizo da piscina municipal e instalacións anexas.
3º.- Aprobación se procede da licitación e apertura do procedemento de contratación da piscina municipal.
Segundo nos informa o PSOE, o Consello Consultivo de Galicia resolveu favorablemente a resolución do contrato coa empresa Gimnasio Pazos. As resolucións e as
condicións para a nova concesión será de dez anos. Os pormenores da empresa temporal serán aprobados en Xunta de Goberno.
O asunto da piscina, co da estatua de Fraga foron duos dos tantos escándalos aos que Aragunde nos vai acostumando, pero o da inauguración da piscina foi maiúsculo, saíu en toda a prensa, incluída a do réxime aínda que a regaña dentes. 
Por certo,  parece ser que os dictames do Consello Consultivo de Galicia non son vinculantes, e en todo caso a empresa podería recorrer tal ditame. 

Ningún comentario: