UNHA CANCIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO QUE FAI TREMER.
Cremos que a estas alturas pouca xente en Cambados e na comarca, non coñece a Pauliña Chaves, iamos dicir unha moza, pero dicimos unha MULLER cunha voz especial, unha voz sinxela pero doce, ao mesmo tempo que reivindicativa. Pauliña e unha muller nacionalista que loita en moitas frontes, un deles o da violencia de xénero, hoxe queremos traer aquí un vídeo clip oficial da súa canción “Camiños”, un berro contra a violencia de xénero que xa fora publicada por Pauliña de xeito artesanal fai uns nove meses, pero que no mes de Abril, este tema composto polo propio Pauliña foi gravado na Casa das Crechas por Pixelin Photo, cunha boa calidade tanto de son como de imaxe, o vídeo foi publicado a principios de abril de este ano, e para os que no viches aínda, aquí o tedes, por certo o final é tremendo:
Aqui tedes a letra da preciosa e reivindicativa canción:
- NOS CAMIÑOS DA VIDA, PENSEI QUE TE PERDÍAS,
NOS CAMIÑOS DA NOITE, PENSEI QUE TE MORRÍAS.
E AGORA EMPEZO A VERTE,
ESCAPAS ENTRE A XENTE,
COS VERSOS DA FOGHEIRA,
QUE QUEIMACHES PRA PERDERTE.
E AS PALABRAS, E AS VOCES,
QUE ATACHES A OUTRA BEIRA CON CADEAS DA TUA PEL.
ERAS O SON DA LAREIRA
A CALOR DO MENCER,
ERAS AS PONTES DO CEO,
QUE DEIXACHES DE TEXER.
COMO NUNHA NOVELA, DESPOIS DE MEDIANOITE
AGARDAME SETEMBRO MEU SALVAXE COMPAÑEIRO,
ERA O AMOR TAN CEGO,
QUE CONVIVÍA A BERROS,
E ESTOUPABA ENTRE A PAREDE E OS DESEXOS.
E AS PALABRAS,
E AS VOCES,
QUE ATACHES A OUTRA BEIRA CON CADEAS DA TUA PEL,
ERAS O SON DA LAREIRA
A CALOR DO MENCER,
ERAS AS PONTES DO CEO,
QUE DEIXACHES DE TEXER.
PRA BAIXAR O INFERNO,
E DEIXAR DE CORRER,
DESCANSAR DE AQUELES GOLPES
QUE NON TIÑAN UN POR QUÉ.
Pauliña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario