"PROBABLEMENTE SON O PRIMEIRO FISCAL DA HISTORIA QUE EMPREGOU O GALEGO NOS SEUS ESCRITOS".
"NON PODIA NACER EN OUTRO SITIO QUE NON FORA CAMBADOS".
"Ao principio foi admitido con certos reparos, pero dixen: nen un paso atrás"(referíndose ao uso do galego).
Unha importante representación do mundo da Xustiza en
Galicia darase cita o próximo 3 de outubro en Cambados na homenaxe que organiza a Fiscalía de Pontevedra a un dos seus membros máis destacados, Benito Montero Prego, quen se xubila o próximo día 11. Son 44 anos adicados ao Ministerio Público, pero tamén a defensa da lingua e a cultura galega. Unha labor que iniciou cando todavía había moitas reticencias a empregar a lingua propia nos xulgados, sendo o primeiro fiscal en empregar o galego nos seus escritos.

-Non. O meu primeiro destino foi en Asturias, onde cheguei no ano 1971. Despois de cinco anos trasladeime a Vigo, onde estiven entre o ano 1976 e 1984. Foi unha etapa preciosa, entre outras cuestións porque coincidiu coa lei do divorcio. Eu trouxen aquelas actividades culturais e sociais que organizara aquel secretario de estado de Xustiza, Enrique Linde, que desenvolvera a lei do divorcio e indubidablemente,
moitos compañeiros fiscais daquela época denostaban aquela lei como algo horroroso que traían os socialistas e que iba a acabar coa sociedade. Tiven mesmo algún enfrontamento moi serio pero logrei salir adiante con aquelo e gracias a iso Linde, sabedor da miseria de medios materiais que tiñamos no xulgado de instrucción 3 de Vigo (celebrábamos os xuizos nunha cociña dun piso que empregábamos como xulgado) pois concedeume o presuposto para un novo
xulgado se eu atopaba os locais. E así foi, o Concello cedeume uns locais detrás do Pazo de Xustiza e Vigo tivo un novo xulgado, o número 3. Como cousa curiosa podo dicir que que foi a primeira vez que nun xulgado había un despacho dun fiscal e mesmo con teléfono. Logo estiven un ano en Tenerife, outra época moi bonita, e finalmente en Pontevedra a partir de 1985.

-Escribindo en galego, apoiando a ley do divorcio..., viña vostede con una nova visión de ver as cousas da existente ata entón, non o miraban coma unha cousa rara?
-Un pouco raro sí. Por poñer outra anécdota. Naquel momento, calquer delito cometido por un drogadicto
esta circunstancia era unha agravante. Penso que eu fun o primeiro fiscal en expoñer na Audiencia a necesidades de cambiar esto de forma radical e solicitaba menos pena para o acusado ao considerar que esta circunstancia era unha atenuante. O drogadicto ten todas as súas capacidades volitivas e intelectivas disminuidas e había que rebaixar a pena. Esto causou certo asombro entre algúns compañeiros e
xuíces, non de todos, pero sí de algún. E iso ao final foise impoñendo hasta ser recollido no Código Penal. E logo estaba iso de escribir en galego. Era como un bicho raro, rarísimo, en certos aspectos sí. Despois, do resto, cada un é como é. Eu penso que hai que respetar ao delincuente porque é unha persona que debe ter sitio na nosa sociedade, e merece o mellor trato da Xustiza de cara a súa reinserción. Por iso eu aparteime da costumbre que había de usar palabras grosas.

"HOUBO COMPAÑEIROS QUE ME MIRABAN COMA UN BICHO RARO CANDO PEDÍA QUE A DROGADICCIÓN FOSE UN ATENUANTE"
-A súa xubilación vai supoñer un parón nese activismo en prol do galego que o caracterizou na súa traxectoria como fiscal?
-Non, todo o contrario. Sempre estiven moi atento a
actividade cultural galega en xeral. Esta comenzou hai 30 anos cando decidín facer todos os meus escritos como fiscal en galego, pero ese activismo tamén chegou a outros ámbitos da sociedade, como na Revista Xurídica Galega, o Couto Mixto, os Premios da Crítica, todos como socio fundador. En fin, que estiven inmerso na actividade cultural galega dende sempre e agora é certo que vou dispor de máis tempo para adicarlle a todas estas cousas, aínda que tamén espero
personalmente ter tempo para ler máis, profundizar máis en certos estudios e dentro do que poida, seguir axudando a normalización da nosa lingua e a expansión e ao fomento da nosa cultura.

-E ten algún proxecto en mente no que traballar?
-Cando vas deixar un traballo tan absorbente coma este, entonces agólpanse na cabeza moitísimas cousas que un ten pendentes. Penso escribir bastante, ler, estar máis activo nas sociedades en defensa da cultura galega das que participo, pero tamén espero ter tempo para as cousas pequenas,
como xogar ao golf, adicarme a miña finca de Carballedo para que as árbores dean bos froitos e cultivar flores ben bonitas para regalarllas a miña muller, aos fillos e a miña neta.

-E pensa que ese traballo que fixo a prol da normalización da lingua galega na Xustiza floreceu como os seus frutais de Carballedo?
-Penso que si. Probablemente eu fun o primeiro fiscal da historia que empregou o galego nos seus escritos e hoxe son xa uns sete ou oito fiscais en Pontevedra que fan todo o seu traballo na nosa lingua. Anteriormente non se facía nada. A única luz, o único facho, era o maxistrado José Juan Barreiro que cando eu empecei él xa estaba facendo cousas en galego. Pero na Fiscalía,
ninguén o fixera. En fin, foi algo admitido con certos reparos pero como tiña da miña parte a Constitución pois dixen: "nen un paso atrás, vou facer todo en galego dende agora". Incluso me recomendaban que o fixese en galego pero tamén en castelán pero non quixen porque eu tiña ese dereito. Non son grandes avances pero da nada ao algo hai moito camiño.

-Imaxino que todavía hai grandes dificultades para desenvolverse en galego na administración de Xustiza...
-A nivel de medios materiais si. Especialmente a nivel informático. Se os poderes públicos teñen a obriga de fomentar a lingua propia, indudablemente a Xunta está a facer moi pouco neste aspecto. E máis, penso que a veces foi incluso contraria a auténtica normalización e utilización do galego na Xustiza. O sistema informático non está en galego e os funcionarios, aínda que queiran, non poden empregar este idioma. Esperemos que a Xunta teña traducido en poco tempo todo o sistema informático e que cada un
utilice o idioma galego ou castelán, o que prefira.

-Hoxe en día hai atrancos para empregar o galego nos tribunais?
-A miña experiencia dime que ningún. Nunca ningúen me puxo obstáculo para empregar o galego. Hai trinta anos, nos primeiros momentos, sí que o meu xefe daquela me decía que igual o tiña que facer tamén en castelán pero eu insistín en facelo so en galego.
-Aínda así, o nivel de emprego do galego na Xustiza está moi lonxe do que vostede desexaría...
-Sí, moi lonxe. A miña ilusión sería unha utilización do cento por cento e estamos a falar dun 7, un 8 un 12 por cento. E certo que é moi pouco, un porcentaxe reducido. Pero hai 40 anos non se coñecía na Xustiza nen unha palabra en galego. Hai que remontarse a Idade Media para atopar textos legais en galego, cando era a lingua culta.
"A LEY DE TASAS E A DO ABORTO SON PASOS ATRÁS"
-A decir verdad non profundicei moito nestas reformas porque o meu tempo nesta profesión se acaba e van ser outros aos que lles toque sufrilas ou disfrutalas. De todas formas hai reformas que me parecen un paso atrás. A ley de tasas é unha delas. Penso que moitos cidadáns non acuden á Xustiza porque lles é cara e polo tanto xa non é universal e para todos. Non digo que non houbera que cortar certos abusos. A lei do aborto creo que é un paso atrás e regresivo. A reforma da LOPJ, ten aspectos
beneficiosos e outros regresivos. O que sí boto de menos é que estas reformas non se fagan por consenso coa oposición e os xuíces e fiscais.

-Nado en Cambados, fillo adoptivo en Poio..., ten vostede o corazón dividido e co Monte Castrove no medio...
-Home, Cambados é Cambados. Eu sempre dixen que non podía nacer noutro sitio porque é o que levo dentro. Cambados son eu e eu son Cambados. Penso enterrarme en Santa Mariña, ao lado dos meus pais e
mirando á Ría de Arousa. En Poio levo 15 anos vivindo e a miña defensa da lingua foi o que levou ao Concello a concederme esta distinción. Tamén lles estou moi agradecido, é o lugar onde vivo.

ENTREVISTA RECOLLIDA EN FARO DE VIGO
Xente como Benito, que levan a Cambados no seu corazón e polo mundo adiante son os que se lle pasan de longo ao noso Alcalde Luis Aragunde a hora de nomear cabaleiros do Albariño, por non ser da “súa corda”, en troques si nomean a xuices “sospeitosos”, por seres simplemente do seu partido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario