7 de out. de 2014

CABANILLAS EN RUSO

O VINDEIRO VENRES NO AUDITORIO
A ACTO ESTARÁ APOIADO MUSICALMENTE POR NACHO GONZALEZ, ISABEL CASTRO E MODESTA PADIN.
O venres 10 de outubro, ás 20:30 horas, vaise celebrar no Auditorio da Xuventude, de Cambados, un acto literario e musical en homenaxe á figura de Ramón Cabanillas, que
Francisco Fernandez Rei
organizan as Librarías Cabanillas e Contos e o Concello de Cambados.
Elena Zernova, Catedrática da Universidade de San Petersburgo e directora do Centro de Estudos Galegos nesta universidade de Rusia, impartirá a conferencia A poesía de
Xosé Mª Vila
Ramón Cabanillas en lingua rusa. Francisco Fernández Rei, Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega, presentará a conferenciante e Luís Aragunde Aragunde, Alcalde de Cambados e responsable da Concellería de Cultura introducirá este novo acto en honra de Cabanillas e da cultura galega.
A continuación haberá un recital poético de composicións
Manolo Núñez
da primeira edición de Vento mareiro, de 1915, libro que Cabanillas dedicou ó seu Cambados “probe e fidalgo e soñador” e do que o vindeiro ano se cumpre o centenario da súa aparición en Cuba. Recitarán en galego o historiador e técnico de cultura Luís Rei, o poeta Xosé Mª Vila Ribadomar e o profesor Manuel Núñez, mentres que Elena
Luis Rei
Zernova recitará en ruso os mesmos poemas.
Como ramo do acto haberá unha intervención musical, a cargo de Nacho González e Isabel Castro, da asociación cultural Xironsa de Corvillón, que interpretarán varias cancións galegas; e de Modesta Padín, profesora de saxofón no conservatorio de Cambados, que interpretará varias cancións rusas.
Isabel Castro e Nacho González
*********************************
Elena Zernova é Catedrática de Filoloxía Románica na Universidade de San Petersburgo (Rusia), onde, ademais de dirixir o Centro de Estudos Cataláns, é a responsable do Centro de Estudos Galegos, creado en 1993.
Traduciu á lingua rusa obras en prosa
Modesta Padin
de autores galegos vivos (Alfredo Conde, Manuel Rivas, Xurxo Borrazás e Francisco Fernández Naval) e a de relevantes escritores da literatura hispanoamericana (Juan Rulfo e Gabriel García Márquez), da literatura vasca (Bernardo Atxaga) e da literatura catalá (Santiago Rusiñol e Pere Calders).
Elena Zernova
A súa gran contribución á proxección da cultura galega en Rusia é a Antoloxía da Literatura Galega, proxecto do que é coordinadora, seleccionadora e unha das tradutoras.
"Antoloxia da Literaura Gale-
ga - RAMON CABANILLAS"
Deste 1995 publicáronse 19 tomos desta Antoloxia na Editorial St. Petersburg University Press, case todos con limiares de especialistas galegos. O tomo I, de 1995, é unha escolma da poesía dos trobadores, seguido de diversas escolmas de poesía e prosa da literatura culta e popular dos séculos XIX e XX; a partir de 2005, coa aparición dunha antoloxía bilingüe da poesía galega de Rosalía de Castro irán
"ANTOLOXIA DA LITERATURA
GALEGA - TOMO XII - Edición
o coidado de Elena Zernova -
CENTRO DE ESTUDOS
GALEGOS DA UNIVERSIDADE
DE SAN PETERSBURGO".
aparecendo antoloxías bilingües de poetas clásicos e tamén algúns tomos, só en ruso, de narradores como Castelao e Blanco Amor.
No tomo II da Antoloxía, de 1996, titulado Entre dous silencios. Poesía galega do século XIX – primeiro tercio do século XX figuran sete poemas de Cabanillas (en galego e ruso); e no 2007 publicouse o tomo XII Ramón Cabanillas, roteiro bilingüe que Elena Zernova fai por toda a obra do poeta que naceu “o 3 de San Xuan do 1876, ás tres da tarde, chovendo a Dios dar ágoas, nunha casiña vella, con un vello patín de pedra, da viliña feudal de Fefiñáns” e que no seu longo camiño vital e poético desempeñou un papel fulcral na construción da nación galega e na elaboración do galego literario moderno. Este volume dedicado integramente a Cabanillas contén un amplo limiar, en galego e en ruso, da autoría do cambadés Francisco Fernández Rei. 

Ningún comentario: