7 de out. de 2014

A FESTA DAS ANGUSTIAS SUPERASE ANO TRAS ANO

O PROGRAMA “VAIA TROULA”, DA TVG FIXO UN ESPECIAL DA FESTA TRIANERA.
Ano a ano a comisión de festas da Angustias vaise superando, a festa vaise facendo grande entre as festas de Cambados, a estar a coller un auxe fora do común. Todos sabemos que calqueira organización que está a botar a andar tense que ir corrixindo pouco a pouco e primordialmente é o que intenta a Comisión de Festas das Angustias. Este a ano a verbena do sábado estivo
fenomenal con moitísima máis xente que o ano pasado, tamén estivo moi ben a gaiteirada do domingo a mediodía que  recibiu a bastante xente no “Campo da festa” e coma sempre o acto relixioso, de dez,  congregou a numerosos cambadeses que se achegaron ate o mítico barrio trianero. “A Trianera” como algúns xa definen a Virxe das Angustias, estivo espectacular, portada por mais de vinte mulleres que fixeron que a procesión fora moi vistosa. Ademais este ano estivo tamén presente a TVG co programa “Vaia Troula” o cal emitirá agravación da festa trianera o vindeiro lúns a noite. Parabéns a comisión de festas, a para o ano a superarse novamente, pero a cousa xa está mais difícil.
Se queres ver fotos da festa preme AQUÍ, ou senón podes velas na columna da dereita.


Ningún comentario: