21 de out. de 2014

CERTAME DE ROCK, E DE ARTES PRACTICAS E VISUAIS ORGANIZADO POLO IES RAMÓN CABANILLAS E O CONCELLO DE CAMBADOS.

UN DOS PREMIOS “GORDOS”: UNHA ACTUACIÓN NA FESTA DO ALBARIÑO 2015.
O I.E.S. Ramón Cabanillas  e o Concello de Cambados organizan PINTAO DE ROCK: CERTAME DE ROCK + ARTES PLÁSTICAS E VISUAIS dirixido a grupos ou solistas novos da comarca do Salnés co obxectivo de impulsas e difundir a música emerxente e todo o referente as artes plásticas e visuais relacionadas con este ámbito.
1. REQUISITOS:
-Poderán participar no concurso, todas aquelas bandas da
comarca do Salnés (Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa, Meaño, Ribadumia, Illa de Arousa e Meis) que cumpran os seguintes requisitos:
- Que mais da metade dos seus compoñentes estean cursando estudos de ensino secundario do Salnés.
- Que no momento da inscrición non posúan ningún disco suxeito a un contrato discográfico.
2. MODALIDADE:
- Unha única modalidade de rock e todas as súas posibles  combinacións (rock, rock and roll, pop, punk rock, americana, soul , stoner, funk, ska reggae, hard rock, heavy, power, thrash, speed, death, grind, black, doom, metal gótico, industrial, hard rock, hardcore, nu metal, rap matálico, metal alternativo…; as posibles combinacións coa música electrónica: electro, brakbeat, trip hot, electro clash, hip-hop, rap…).
3. INSCRICIÓN:
- Os participantes deberán cumprimentar o formulario que figura no blog do certame (http://pintaoderock.blogspot.com.es/). Crearan para este fin nun formato dixital.
- Apartado musical: enviarán 1 ou 2 temas musicais en formato dixital. Un dos temas ten ser obrigatoriamente de autoría propia.
- Apartado de artes plásticas e visuais: obrigatoriamente un deseño gráfico como mínimo (deseño de logotipo, portada para disco, cartel, banda deseñada…) que represente ao grupo ou solista. Poderán presentar a maiores outro tipo de proposta artística. (vídeo clip, instalación, deseño de escenografía, vestiario, complementos…) relacionado coa súa estética musical. O autor ou autores destas propostas poden ser diferentes aos participantes do apartado musical.
- Unha fotografía do grupo ou solista en formato dixital.
- Toda esta documentación, enviarase a documentación do correo electrónico pintaoderock@gmail.com . Deberase sinalar no asunto do envío: píntao de roco + nome do grupo ou solista.
- a presentación de toda a documentación . Realizarase do 17 de outubro ao 19 de decembro de 2014.
- Os datos persoais que se solicitan serán incorporados a un ficheiro propiedade do I.E.S. Ramón Cabanillas de Cambados. A finalidade do tratamento destes datos será o facerlle chegar información sobre os servizos, programas e actividades organizadas polo certame “Pintao de rock” e a súa difusión no blog http://pintaoderock.blogspot.com.es/  os medios de comunicación. Por outra banda , os participantes poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación,  e oposición de datos persoais,  dirixindo un escrito a  pintaoderock@gmail.com .
4.FASES DO CONCURSO:
FASE 1ª
-O xurado do certame seleccionará neste fase aos participantes(bandas ou solistas),  que formaran parte da fase final do certame. Cada un dos membros dará o seu voto (1 a 10) a cada unha das propostas presentadas nos dous apartados,  e a nota final será o resultado da media aritmética do Apartado musical + Apartado de artes plásticas e visuais; e dicir, ambos apartados teñen a mesma importancia a hora das votacións.
- O fallo e a composición do xurado faranse públicos en http://pintaoderock.blogspot.com.es/  e por correo electrónico a cada un dos participantes o día 30 de xaneiro do 2015.
FASE 2ª
- Os seleccionados actuarán nun concerto final durante o mes de abril do ano 2015 e celebrarase no Salón de Congresos José Peña do concello de Cambados, a condicionado para este fin.
- Os compoñentes das bandas que actúen en directo deberán corresponder cos membros escritos. A substitución dalgún membro, deberá estar xustificada por causas de forza maior e deberá autorizarse pola organización. En todo caso  o substituto debe cumprir os requisitos recolleitos nestes bases.
- As bandas que tomen parte no concerto deberán acudir cos seus propios instrumentos e amplificación, se ben a organización se preparará convintemente a sala para o evento (mesa de son, amplificación xeral, micrófonos, iluminación básica, seguridade…). Se a actuación dalgunha banda requirise un tratamento concreto de iluminación, escenografía, vestimenta…deberá ser previsto polos participantes.
- Os gasto de desprazamento para realizar a súa actuación correran a cargo dos participantes.
- O número de cancións interpretadas en directo por cada participante serán de 3, mais da metade das mesmas (2) como mínima de autoría propia.
- O xurado do certamente votará en directo e publicamente cada unha das propostas presentadas, tanto a parte musical como plástica e visual.
- Das votación do xurado sairá o gañador do 1º certame “Pintao de rock”.
XURADO DO CONCURSO:
Na Fase 1ª o xurado estará composto por un heteroxéneo grupo de persoas relacionadas co sector musical e as artes plásticas e visuais.
Na Fase 2ª o xurado estará composto polo mesmo grupo anterior mais un alumno representante do centro de sino secundario so Salnés de cada participante seleccionado neste fase final mais un representante do publico asistente ao concerto por cada proposta, escollido ao chou pola organización.
De haber algunha composición na formación do xurado, os participantes serán avisados con anterioridade.
DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL  E AUTORIZACIÓNS
Antes do inicio da 2ª fase, as bandas clasificadas que teñan rexistradas as súas cancións nalgunha entidade que defenda os seus dereitos de propiedade intelectual deberán comunicalo a organización do concurso.Isto solicitase co obxecto de protexer os dereitos dos participantes.
PREMIOS:
-Mellor banda ou solista do certame “Pintao de Rock” 2015.
Un único premio consistente en: 
-Trofeo acreditativo.
-Gravación e edición dun CD-ep de 4 temas (100 exemplares asinados).
- Unha actuación no concello de Cambados durante a festa do Albariño 2015.
O estudo de gravación será escollido pola organización do certame.
-Mellor banda ou solista de cambadés do certame pintao de rock 2015 (centros de secundaria que pertencen ao concello de Cambados).
Un único premio consistente en:
Unha actuación no concello de Cambados durante as festas do Albariño 2015.
De darse o caso de que o gañador do certame fose un participante cambadés, o seguinte por orde de actuación acadaría o premio nesta categoría. De non ser ningún o premiado declarase deserto.
Todos os participantes recibiran un diploma acreditativo da súa participación.
DA ORGANIZACIÓN:
A organización reservase o dereito de modificar estas bases para o mellor desenvolvemento do concurso.
A organización do concurso non se fai responsable daqueles temas, que se remitan polos participantes e que puidesen violar os dereitos de autor de terceiros; sendo os participantes os únicas responsables en caso de reclamación.
A organización do concurso comprometese a difusión nos medios públicos da información referida a este certame.
ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación do concurso supón  a aceptación integra das bases por cada un dos compoñentes inscritos.
A organización, en calquera das fases do concurso, excluirá a aqueles participantes que no reúnan os requisitos establecidos nas bases do mesmo.
INFORMACIÓN
Telefono: 986542950 (Vicedirección do IES Ramón Cabanillas de Cambados).
Correo electrónico: pintaoderock@gmail.com
Desde o mes de outubro de 2014 ata a realización da fase final en abril de 2015 irán aparecendo periodicamente información e recomendación no blog http://pintaoderock.blogspot.com.es/

Ningún comentario: