21 de out. de 2014

O ESPECTÁCULO PORTEÑO DE "MÁS TANGO" CHEGA A CAMBADOS O SÁBADO

O DOMINGO FESTIVAL DE CORAIS
A compañía + Tango desembarca este
sábado 25 de outono ás 20.30 horas no Auditorio da Xuventude co motivo da xira do seu novo espectáculo que
os leva pola xeografía galega. O show será de carácter gratuíto pero será imprescindible retirar unha invitación que estará a disposición dos espectadores a partir do martes, no departamento de Cultura no Concello
de Cambados.
"+ TANGO" é unha anovadora alternativa a nivel cultural e musical poucas veces vista neste formato en Galicia. No mesmo, ademais da execución de temas, o espectador tamén fará un percorrido por partes da historia deste xénero musical. Anécdotas, pequenas biografías, ou recitado de poesías tangueras. Dúas voces (feminina e masculina) interpretarán tangos para o espectador xunto con dous instrumentos fundamentais:
bandoneón e piano, que así conforman a oferta artística.
O desenvolvemento do espectáculo está dirixido por un presentador e narrador, quen irá introducindo cada actividade artística, levando ao público a un paseo atemporal e profundo por Bos Aires, mesturando música e baile con anécdotas, historia e poesía "sencillamente porque el tango es exactamente eso" confirman dende a compañía.
O espectáculo completo inclúe sete artistas en escena, aportando a sensualidade indiscutible do baile, á proximidade da interpretación, da poesía e da historia do Tango.
FESTIVAL DE CORAIS
Para completar a fin de semana musical, o domingo 26, ás 18.30 horas, celébrase unha nova edición do Festival de Corais, organizado pola Coral Polifónica de Cambados. Tamén será no escenario do auditorio municipal da Xuventude
NOVA RECOLLIDA EN PONTEVEDRA VIVA


Ningún comentario: