22 de out. de 2014

PORTOS DE GALICIA NEGA O ABANDONO DAS OBRAS NO PORTO DE TRAGOVE

MONTSE PRADO (BNG), DIXOLLE A DURÁN; "O PARTIDO POPULAR ESTÁ EMPEÑADO EN XUSTIFICAR UN PROXECTO QUE SIMPLEMENTE É ESPECULATIVO E QUE VAI EN CONTRA DO SECTOR DO MAR DE CAMBADOS"
José Juan Durán, presidente de Portos de Galicia, negou hoxe, en resposta a unha pregunta da deputada do BNG,
Montse Prado, en comisión parlamentaria, o abandono das obras de colocación dunha compuerta de regulación hidráulica no porto de Tragove, en Cambados (Pontevedra).

"A paralización da obra débese a razóns alleas á vontade desta administración e que derivan de imprevistos de carácter técnico. O proxecto segue adiante e estamos traballando con expertos en hidráulica para atopar a solución definitiva", explicou Durán.

O presidente de Portos de Galicia afirmou, ademais, que debido a esas "dificultades imprevistas" non se van a marcar "ningún prazo" para a reanudación das obras porque o
obxectivo é "atopar a mellor solución con plenas garantías de viabilidad técnica".

"A obra está suspendida, non abandonada, e a decisión consensuouse coa empresa adjudicataria", insistiu Durán, quen desvelou que ata o momento pagáronse 153.285,17 euros "fundamentalmente en provisións".

Unha resposta que non convenceu á deputada nacionalista,
quen acusou ao Partido Popular de "ir en contra" dun sector "tan fundamental" como é, ao seu xuízo, o do marisqueo en Cambados.

"O Partido Popular está empeñado en xustificar un proxecto que simplemente é especulativo e que vai en contra do sector do mar de Cambados. Nesta zona hai máis de 1.500 desempleados, uns niveis que lles deberían facer reformular os seus investimentos", criticou.
FOTOS: FARO DE VIGO E DIARIO DE AROUSA.

Ningún comentario: