30 de out. de 2014

DOUS OUROS E UN BRONCE PARA O COMPOSTELA ESGRIMA (EQUIPO ARACELI) EN LUGO

A CAMBADESA ARACELI BUGALLO E HÁKIMA REI FORON AS CAMPIOAS NO I RANKING GALEGO DE ESPADA
Dous ouros e un bronce adxudicáronse os representantes do Compostela Esgrima no primeiro Kanking Galego de Espada celebrado en Lugo. Araceli Bugallo e Hákima Rei colgáronse o ouro e José Goas o bronce.
O club santiagués competiu na categoría absoluta e menores de 17 anos. Na categoría feminina absoluta e a masculina M17 presentou a sete tiradores. As espadistas Pía Zurita, Araceli Bugallo e Hákima Rei, e os mozos Juan e Jorge Rivadulla, Martiño Vaamonde e Javier González Vao.
En espada feminina absoluta,a cambadesa  Araceli Bugallo impúxose en semifinais a Rosa Cano, de Vigo, e na final a Beatriz Arregui, do 100Tolos, por un axustado resultado de 15-14.
Fotos: la Voz de Galicia e Google Imaxes

Ningún comentario: