30 de out. de 2014

PROFESIONAIS SANITARIOS DO CENTRO DE SAUDEN PROTESTAN POLA OCUPACIÓN ARBITRARIA DO MERCADO DAS FLORES ESTE FIN DE SEMANA

CONCENTRACION MAÑÁ VENRES EN SANXENXO DA PLATAFORMA DE EMIGRANTES RETORNADOS DO SALNÉS 
O BNG de Cambados ven de presentar un escrito no Concello facendose  eco que profesionais sanitarios e usuarios do centro de saúde e a súa preocupación porque un ano máis, con motivo da Celebración de Defuntos, gran
parte do aparcamento deste centro médico quedará ocupado polos postos de venta de flores, o que claramente dificultará aos usuarios e profesionais o acceso ao centro sanitario. Así mesmo, esta situación aínda se complica máis neste momento pola coincidencia das obras de instalación dunha nova caldeira no centro de saúde. Que solución se lle da aos usuarios que teñen que acceder ao centro con anciáns? A esa dificultade de acceso dos usuarios se suma,
igualmente, a problemática dos profesionais sanitarios  que alí traballan ao ter que acudir ás urxencias ou simplemente cando asisten aos domicilios con esixencias dun tempo concreto. Como todo o mundo pode entender, o bo funcionamento do Centro de Saúde debe ser prioritario sobre outro tipo de actividades como as descritas; actividades que, ademais, facilmente poderían ser ubicadas noutros lugares do municipio (como por exemplo na Calzada, como se fai nalgunhas festas). Polo tanto, sería moi fácil darlle unha
solución a esta problemática sen que as paguen os profesionais sanitarios ou os veciños e veciñas de Cambados que deben acceder ao Centro de Saúde; polo que solicitan que o concello aporte unha solución á problemática descrita para que o bo funcionamento do Centro de Saúde non se vexa alterado pola redución de aparcamentos nas próximas datas con motivo da Celebración de Defuntos.
CONCENTRACION MAÑÁ VENRES EN SANXENXO DA PLATAFORMA DE EMIGRANTES RETORNADOS DO SALNÉS 
Mañá venres día 31 de outubro, ás 11´00 h., a Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés convoca unha concentración de protesta diante do Gran Talaso Hotel
Sanxenxo (Paseo Praia de Silgar-Sanxenxo) ante a celebración neste hotel dun congreso de altos funcionarios de Facenda de todo o Estado español.
O BNG amosa o seu apoio a estas mobilizacións e anima a participar a todas aquelas persoas que poidan asistir á concentración de mañá venres 31 , ás 11´00 h., diante da sede de Facenda en Vilagarcía de Arousa.
Fotos: Diario de Arousa,. Faro de Vigo, A Voz de Galicia e Google imaxes.

Ningún comentario: