23 de out. de 2014

FATIMA ABAL: „ARAGUNDE NON TEN CAPACIDADE NIN EQUIPO PARA GOBERNAR O NOSO CONCELLO"

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS CALIFICAN DE BOCHORNOSO O ACONTECIDO COAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA MATERIAL ESCOLAR
Fátima Abal recorda que foi a única que na Comisión Informativa se mostrou en contra de como se xestionan as axudas a material escolar e a única que non votou a favor. 
O PSdeG cambadés denuncia que o propio Concello incumpre as bases das axudas, dando axudas só aos que acaden os 3 puntos dun baremo inxusto. 


No día de nantronte celebrouse a Comisión Informativa de educación na que se trataron as axudas municipais a material escolar. Fátima Abal, voceira do PSdeG, calificou como "bochornoso" o acontecido na Comisión Informativa e lamentou que "as chapuzas do goberno municipal deixan sen axuda a moitas familias que o necesitan"

Fátima Abal afirmou que "onte na Comisión Informativa atopeime que os outros concelleiros nin tan sequera tiñan lida a convocatoria oficial das axudas publicada no BOP" e engadiu
que "fun a única que na mesma non votou a favor de deixar a máis de 300 familias sen a axuda cando, por dereito, lles corresponde". 

"O meu voto foi a abstención, manifestando que o meu
grupo municipal non está de acordo coas formas nin cos feitos, pois estanse a deixar a máis de 300 familias sen axuda cando, por dereito, atendéndose á convocatoria, lles corresponde. Pero non podía votar en contra para non perxudicar ás familias que si recibirán a axuda. ", sentenciou a voceira do grupo
socialista. 

"Na Comisión fun a única que manifestou a súa oposición a como se están a facer as cousas no ámbito educativo. Un claro exemplo son unhas bases incompletas cuns baremos inxustos, que fan que familias que necesitan urxentemente
esta axuda escolar non reciban nin un só euro", manifestou Fátima Abal. 

Engadiu, ademáis, que  "quero deixar claro que os socialsitas fomos os únicos que non votamos a favor desta chapuza, a pesares de que agora algúns se lamenten." "Ademáis, os socialistas demos alternativas, como a ampliación da partida para estas axudas ou o cumprimento de iure das bases aprobadas polo propia Xunta de Goberno, cousa que non se está a facer pois agora esixen chegar aos 3 puntos para recibir a axuda cando na convocatoria das mesmas non se especifica nada diso".

"É unha vergoña que o Concello xogue así con algo tan importante como as axudas para o material escolar dos nenos e nenas da nosa vila. Unha vez máis queda reflexado como Aragunde non ten capacidade nin equipo para gobernar o noso Concello", sentenciou Fátima Abal. 
FOTOS: LA VOZ DE GALICIA, FARO DE VIGO E DIARIO DE AROUSA.

Ningún comentario: