OU COMO SER UN DIGNO REPRESENTANTE DE CAMBADOS FRONTE A PARASITAR A COSTA DO POBO
POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Teño un amigo, un cambadés de pro que, un dia, fai moitos anos, como outros moitos cambadeses, tivo que
emigrar buscando un futuro mellor e acabou botando raíces lonxe do seu amado pobo; o meu amigo, felizmente xubilado hoxe en dia, visita Cambados sempre que pode i eu, cando coincido con el, sempre pregúntolle como ve a nosa vila; ultimamente a reflexión que mais me adoita repetir é: “isto está perdido, Ricardo, en Galicia en xeral i en Cambados en particular, instaurouse a “cultura da subvención”, a xente nova ao único que aspira é a que a coloquen, a que a “enchufen”, da igual si é no concello, na deputación ou na Xunta e o peor é que isto non ten visos de cambiar”.

Aínda que o meu amigo ten boa parte de razón, eu prefiro ser optimista
e, polo tanto, amosar, non soamente a faciana deses “estómagos agradecidos” que tanto lle custan ás arcas públicas senón, tamén, a outra cara da moeda, a de cambadeses que levan con moita honra o nome de Cambados e son grandes embaixadores do mesmo, así que, empecemos por estes últimos........

Para cambadeses que representan moi dignamente á nosa vila temos, afortunadamente, talentos novos onde escoller e, ademais, en diversos terreos creativos: dende o cineasta
Juan Galiñanes, á estilista e perruqueira Sarah Fariña pasando pola deseñadora Eva Soto, por non esquecernos, no campo da ciencia, do investigador (e moi bo amigo deste blog) Óscar Pardo Planas, actualmente levando a cabo a súa faceta profesional en Estados Unidos; calquera deles, como diciamos, representa moi ben a Cambados pero imos quedarnos coa ultima revelación mediática, neste caso, televisiva e que non é outro que o cociñeiro Yayo Daporta.

De Yayo Daporta, que actualmente compaxina a súa labor ao fronte do seu restaurante coa de membro do xurado no concurso culinario “Top Chef” de
Antena 3 TV pouco se pode dicir que non se teña dito xa. Yayo é o xenro que a todas as nais, con fillas casadeiras, gustaríalle ter: guapo (cunha mirada, sen dúbida, “cautivadora”) deportista e, no seu dia, o cociñeiro mais novo en acadar unha estrela Michelin, aínda que amigos meus que comeron no seu restaurante comentáronme que a experiencia non foi do todo pracenteira que esperaban pero a cociña de vangarda é o que ten, ese punto de risco e aventura.

A todo este curriculum, Yayo Daporta, acaba de engadir o de figura televisiva no anteriormente nomeado
concurso e non creo que ninguén poda negar que a cámara “o adora” (dende logo mais fotoxénico e “guaperas” que Chicote parece), por todo isto, como diciamos anteriormente, Yayo é, sen dubida, un gran representante de Cambados .

Agora pasemos ao outro extremo da balanza, ao dos
“colocados”, os asignados “dixitalmente” ou, falando claramente, os “enchufados”; aquí, tamén, temos exemplos variados, como o caso dun dos maiores receptores de horas extras do concello, un individuo (procedente dunha familia de tradición pasteleira) que o único mérito que ten para estar onde está reside en que é un pelota pepero onde os haxa, buscade unha foto do PP cambades, da igual o acto e o atoparedes chupándoa (a cámara se entende); pero, quizais, o paradigma do enchufismo en Cambados sexa, sen dúbida, o noso “amigo” Fulares.

Da vida e obra de Fulares temos falado en extensión neste mesmo blog: do seu pasado como simpatizante coa esquerda nacionalista ata que decidiu abrazar a doutrina marxista, de Groucho Marx se entende, e mais concretamente, a parte que di: “estes son
os meus principios si non lle gustan, teño outros”; por iso, un dia, decidiu converterse no “perrito faldero” do alcalde e aí o tedes hoxe en dia, queridos amigos, chupando do Concello sen saber moi ben a que se dedica; e non so iso, a súa parella tamén está ben “enchufada” (entre os dous cústanlle ás arcas municipais mais de 50.000 euros anuais), por certo o irmán de Fulares tamén está “colocadiño”, neste caso, na Deputación de Louzán ...... ¡ah! ¡Que lonxe quedan os tempos nos que os dous ían da man aos mitins do BNG! Pero, iso en Cambados xa é algo ata case normal; “cambia chaquetas” como Jose Pepe ou “Pelea” foron precursores e amosáronlle a Fulares e compañía que o requisito fundamental para que acadar un “choio” reside en abrazar a doutrina do PP e levar o carné do ppartido entre os dentes. Xente como Fulares é un exemplo do que chamamos un “trepa”, xente que vendería a súa propia nai con tal de ascender e colocarse.

Sei que a moitos este discurso pareceravos repetitivo e demagóxico
pero estes parasitos e outros cargos, totalmente prescindibles, como o de xefe de prensa, cústanlle a tódolos cambadeses mais de 200.000 euros ao ano, cartos que , dende logo, poderían dedicarse a fins moito mais necesarios; casualmente neste mesmo blog publicamos un artigo moi interesante que se fai eco das queixas do BNG cambades xa que o presuposto que o consistorio municipal destina para axudas ao material escolar e libros é duns 7.000 “miserables” euros para facer fronte ás mais de 460 solicitudes presentadas para tal fin; solicitudes de moita xente que o está a pasar “canutas” por mor da crese .......... xulgade vos mesmos, queridos lectores, e sacade as vosas propias conclusións pero está claro cales son para este equipo de goberno as prioridades, simplemente un dato mais: hai semestres nos que os gastos en dietas de comidas do consistorio superan eses 7.000 euros ........por certo do xefe de prensa, Benitiño “quien te ha visto y quien te ve” falaremos longo e tendido no seu momento porque o personaxe merece iso é mais.

Mentres tanto seguiremos atentos a esta particular “dualidade” cambadesa e, sobre todo, estaremos atentos a quen serán os próximos membros en ingresar neste “Olimpo do enchufismo” candidatos de seguro que non faltaran
RICARDO DOMINGUEZ REY
Ningún comentario:
Publicar un comentario