12 de out. de 2014

NUN COMUNICADO OFICIAL O COLEXIO SALESIOANO DE CAMBADOS, NEGA CALQUEIRA ACOSO LABORAL A PROFESORA QUERELANTE.

INSPECCION DE TRABALLLO TRALO EXPEDIENTE CORREPONDENTE  ARQUIVOU O MESMO SEN RESPONSABILIDSADE NIN DO CENTRO NIN DO PROFESOR QUERELADO.
Home mesmo a administración deste blog recibiu un comunicado oficial do Colexio Salesioano – La Merced de Cambados sobre da nova publicada por este mesmo blog o
pasado 9 de outubro pasado, que pola sua trascendencia publicamos íntegramente: 
""Ante as notas de prensa aparecidas nalgúns medios os días 26 de setembro, 9 e 10 de outubro, a titularidad salesiana do colexio La Merced de Cambados comunica o seguinte:

1.- Ante o presunto acoso entre varios alumnos no 2011,
comunicado pola profesora M.L.Q.F., reuniuse a Comisión de Convivencia e comprobou a inexistencia do mesmo, polo que se arquivou dita incidencia.

2.- Ante a acusación de presunto acoso a devandita profesora, M.L.Q. F., por parte dun directivo, comunicada o 7 de marzo do 2014 á Coordinación Inspectorial de Escolas, púxose en marcha o protocolo correspondente e comprobouse que non había tal acoso.

3.- A demanda interposta pola profesora M.L.Q.F. por presunto acoso laboral, logo de realizada a inspección e
presentada toda a documentación solicitada, foi arquivado o expediente por parte da Inspección de Traballo. 

4.- Os nosos alumnos diso están centrados no estudo e non ha ter lugar ningún tipo de concentración.

5.- O directivo acusado está á espera da notificación xudicial anunciada.

6.- A Comunidade educativa -salesianos, profesores, persoal de administración e servizo, pais, alumnos/as e exalumnos/as- estamos empeñados exclusivamente en levar adiante o noso labor educativo que é o obxectivo de todo o noso empeño.""

Ningún comentario: