12 de out. de 2014

OPINIÓN:VENTA DIRECTA EN FEIRAS E MERCADOS.

UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA
A venta directa en feiras e mercados, foi
durante séculos a principal canle de comercialización dos nosos produtos agrarios, incluso facíase a modo de troque
por outros produtos de primeira necesidade.
Este sistema foi transformándose pouco a pouco, e dou pé a outros xeitos de comercialización, como a figura do intermediario, empresas de distribución, cooperativas, e
plataformas. Con estes sistemas o produtor foi perdendo peso no valor do seu produto, e centrouse mais na figura de producir a niveles de maior cantidade.
A posibilidade de regular a venta directa esta recollida nos regulamentos e directrices da Comunidade Europea, que deixa os estados membros a posibilidade de adaptarse os
seus foros internos estes regulamentos. Así pois a Xunta de Galicia con competencias en Agricultura, ben de aprobar un decreto publicado no DOGA 186, que pretende regular este tipo de venta directa.
O obxectivo deste decreto e regular en Galicia a venta directa dos nosos produtos o consumidor final, ou establecementos de venta polo miúdo.
Os produtos obxecto deste decreto procederán das
explotacións do propio titular, e solo serán vendidas polo mesmo ou un familiar directo, con destino o consumo humano.
As explotacións deberán inscribirse nun rexistro de explotacións agrarias (REGA), así como comunicar a Xunta a súa intención de acollerse o sistema de venta directa (SEVEDI),en ditos rexistros teñen que proporcionar datos persoais e cantidades de produtos obxecto de venta directa.
Este tipo de normas poden ser de utilidade para favorecer a identificación e orixe dos nosos produtos, agora ben como sempre tense a facer sen xeito nin dereito, sen información previa, e sen tempo para que se adapten a este sistema. DICIR QUE ASOCIACIÓNS DE MERCADOS, PLACEIROS, VENTAS AMBULANTES, NON SABÍAN NADA DESTAS NORMAS, nin os propios funcionarios das extensións agrarias saben explicar, nin dispoñen de documentación para tramitar as altas dos interesados, e o prazo remata o vindeiro dia 20 Outubro.
UN ARTIGO DE RICARDO LOPEZ COSTA.

Ningún comentario: