27 de out. de 2014

O PSOE DE CAMBADOS "ACOSA“ A LUIS ARAGUNDE CUNHA ENORME BATERIA DE PREGUNTAS

DENDE AXUDAS O ENSINO, MERCADO DAS FLORES, FALTA DE LIMPEZA NAS RÚAS, PASO PEÓNS AVDA POMBAL, AVDA DA PASTORA,  JAUME MATAS OU RUA ATLANTICO.
Nótase que Fatima Abal e o seu equipo están a traballar de arreo e o mesmo tempo tamén queren facer traballar ao noso alcalde, e cara o pleno do vindeiro xoves presentan unha bateria de mais de trinta preguntas que abarcan varios temas, aqui as tedes todas: 

AXUDAS A PRIMARIA E ESO
  O 16 de xuño de 2014 saíron publicadas no BOPde
Pontevedra as bases reguladoras para a concesión de axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar para alumnos de centros docentes públicos de educación primaria e secundaria do Concello de Cambados para o curso 2014/2015.

1.-Cal é o motivo polo cal 308 familias que cumplían todos os requisitos quedaron fora da axuda?

2.-Onde se regula o feito de que para ser beneficiario desta axuda hai que conseguir al menos acadar 3 puntos?

3.- Ninguén se dou conta que esta axuda é enormente discriminatoria con calquer nai o pai que estea casado aínda que se atopen os dous membros do matrimonio no paro, porque se os seus fillos non teñen ningúnha minusvalía non obteñen ningún punto , mentres que un pai solteiro, viúvo ou separado obtén dous puntos independentemente do que gane e dos fillos que teña ?

4.- Qué tipo de axuda é esta que se concede a pais, nais ou titores que gañen 24.000€ ó ano se están viúvos, solteiros ou separados, anque só teñan un fillo, pero para que se lle conceda a pais ou nais casados que gañen 12.500€ ó ano, teñan que ter polo menos 9 fillos para chegar ós 3 puntos do baremo?

5.-Cal foi o acordo adoptado na Xunta de Goberno Local respecto deste tema?

6.- Non ten pensado o equipo de goberno, asumir que se equivocou con este tema, rectificar  e ampliar a axuda ós demáis solicitantes que cumplen os requisitos para ser beneficiarios?

AXUDAS UNIVERSATARIOS


Respecto ás axudas establecidas vía emerxencia social para os estudiantes universitarios, os socilaistas fixeron algunhas preguntas no último Pleno.

1.- Pode enumerar cales son os medios de comunicación nos que se nos dixo no Pleno de Agosto, saíu publicitada esta axuda?

2.- Quenes van ser os beneficiarios desta axuda? Cómo se vai facer o reparto de puntos, baremación, etc?

3.- Vanse seguir os requisitos esixidos para a obtención de calquera axuda de emerxencia social?

4.- É consciente o grupo de goberno deste Concello de que unha persoa que se atopa en situación de emerxencia social e non ten forma de subsitir, é moi improbable, por non decir case imposible, que poida estar matriculado ou que teña un  fillo matriculado en calquera universidade e que ademáis non sexa beneficiario de ningunha outra axuda para estudios? Acaso as axudas que se van dar neste Concello van a cubrir todos os gastos dun universitario? 

5.-Realmente esta axuda é moi estrana xa que é totalmente opaca, sen publicidade, e non hai ningún tipo de información, podería explicar básicamente o relativo á solicitude e concesión deste tipo de axuda?

COLEXIO MAGARIÑOS


Respecto ás obras do CEP Antonio Magariños Pastoriza:
1.- Que é o que se está a facer no patio do Colexio: un peche de parte do patio para ser considerado como patio pechado ou un ximnasio no patio?
2.- Se o que se está a facer é un patio pechado para que os nenos non se mollen nas entradas e saídas e no tempo do recreo, onde vai facer o alumnado do colexio as clases de Educación Física? O problema persiste, pois non cremos que despois de cada recreo alguén limpe a zona dos restos de bocadilos, iogures caídos, merendas, etc, nin que despois de resgardarse antes de tocar o timbre cando chova, cos paraugas e zapatos mollados, alguén fregue para que se poida impartir clase despois...
3.- Se o que se está a facer é un ximnasio, exclusivamente para facer ximnasia e nada máis, quere isto dicir que os nenos de cuarto, quinto e sexto do Colexio Magariños non poderán volver a saír ó patio cando chove? Quedarán estes alumnos sen recreo durante os tres anos que lles quedan de primaria os días de choiva?
4.- Este é o arranxo que tanto se leva agardando no Colexio, que non só non vai resolver o problema senón que vai crear outros novos?
5.- No Pleno de decembro de 2013 falouse da desafectación dos terreos para as melloras do Colexio, xa están iniciados os trámites? Baixo que condicións podería levarse a cabo ? 
5.-Vai firmar o Concello de Cambados un compromiso de que esta desafectación leve implícito o uso e desfrute de por vida dos usuarios do Colexio para que o Concello non poida desfacerse nun futuro deses terreos privando do seu uso ó Colexio aínda que ostente a titularidade?

MERCADO DAS FLORES

Estes días a prensa fíxose eco das queixas das floristas polo
mercado de flores que se instala con motivo do Día de Difuntos, e ó cal acusan de ser ilegal. 

1.-É legal ou ilegal a actividade deste mercado? 

2.-Que tipo de requisitos se esixen para dar licencia á instalación destes postos?
No caso de ser legal: 

3.-Cal é o motivo do conflito? 
No caso de non ser legal: 

4.-Que medidas pensa tomar o Concello contra a instalación destes postos? 5.-Por que se permite a sua existencia? 

6.- Se a resposta é, tal e como se recolle na prensa, que “xa é moi tarde para tomar medidas” , por que non se anticipou o Concello, sabendo que esta situación se produce tódolos anos, e por que non se tomaron antes as medidas oportunas? 
Os socialistas faran constar na Acta que este Grupo Municipal non se manifesta nin a favor nin en contra de que se celebre este Mercado de Flores nos días anteriores ó Día de Difuntos e simplemente quere saber da súa legalidade ou non.


PASO DE PEÓNS AVDA DO POMBAL
Respecto ó paso de peóns que permite cruzar desde o edificio número 30 da Rúa Sevilla ata o Paseo Marítimo, e no que xa houbo polo menos tres atropellos no último ano, de persoas que cruzaban precisamente enriba do paso de peóns, 

1.- Cal é a solución que vai adoptar o Concello para que non volva a ser atropelado ningún outro veciño?

2.- A visibilidade é clara cruzando da rúa para o Paseo, pero os coches veñen a unha velocidade en moitas ocasións que non é a axeitada. Pola contra, non hai ningún tipo de visibilidade para os peóns, cruzando do Paseo á Rúa Sevilla pois permítese aparcar a tres coches xusto ó lado do paso, que fan que para poder ver, se ven algún vehículo circulando, haxa que baixar da acera, e sobrepasar o ancho do vehículo aparcado ata o medio da carretera. Tendo en conta que esta zona é moi transitada, sobre todo por nenos que veñen de actividades deportivas de todo tipo, debería buscarse unha solución canto antes, ben por parte do Concello ou instando ó organismo que corresponda para que o faga.

DIRECCIÓN UNICA AVDA. DA PASTORA

1. Dende o día 3 de decembro do ano 2013 a Avda. A
Pastora é de dirección única, e os veciños e veciñas afectados e posuidores de vehículos agrícolas e usuarios de garaxes solicitaron por escrito autorización para voltar ás súas casas e fincas sen ter que ir pola estrada xeral. A día de hoxe, estes veciños e veciñas todavía están esperando resposta a ese escrito, cando o vai contestar o equipo de goberno, como establece a normativa vixente?

2. Ademais, estes veciños e veciñas presentaron unha queixa no Valedor do Pobo, queixa pola que este organismo trasladou ó concello a súa recomendación de dar resposta por escrito a estes afectados. Cándo se vai molestar o PP en dar resposta á solicitude presentada por estes veciños e veciñas de A Pastora, e cumprir a recomendación do Valedor do Pobo? Tan pouco criterio lle considera o alcalde ós seus propios veciños e veciñas como ó Valedor do Pobo?

3. O PSOE de Cambados, a instancia destes veciños, presentou a mesma instancia e queixa no Valedor do Pobo. Solicitude e queixa pola que todavía estamos a agardar resposta. Porque unha vez mais, este equipo de goberno só sabe xestionar impedindo de maneira vergonzosa a labor da oposición. É mais, o alcalde só se pronunciou na prensa para dicir que non os veciños e veciñas, pero sí o PSOE de Cambados estabamos a pedir algo fora da lei. Acaso tanto esforzo costaba contestar persoalmente os veciños e veciñas outorgándolles o respeto que se merecen? Cando se vai retractar das acusacións feitas a este partido ó dicir que estabamos a pedir algo fora da lei, cando o único que fixemos foi presentar o mesmo escrito que presentaran os veciños e veciñas de A Pastora?

4. Será capaz de prometer que nunca mais faltará ó respeto ós veciños e veciñas deste pobo contestando a tódolos escritos que se presenten no Concello? E ademais, deixar de facer demagoxia falando coa prensa antes que cos interesados?

FALTA DE LIMPEZA NAS RÚAS

1. Facéndonos eco das numerosas queixas feitas polos veciños e veciñas de Cambados, e podendo comprobalo por nós mesmos, queremos saber a qué se debe que as rúas do Concello se atopen tan sucias, cheas de excrementos de animais, papeis e desperdicios.

2. Ademais, as arquetas dos sumidoiros atópanse a maioría cheas de basura e follas, facendo que nos días de choiva, sexa mais complicado o desaüe de auga e as estradas estean anegadas. É posible que alguén pense que vivindo en Galicia, coa cantidade de días que choven ó ano non é necesario limpar os desaugadoiros?

3. Todo isto supón unha imaxe deplorable do noso Concello, tanto para propios como para alleos, ademais de provocar a sensación de que a pesar de pagar impostos e taxas cada vez mais elevados non se recibe a contraprestación correspondente. É esta a imaxe que se quere dar do noso pobo? É que os/as cidadáns de Cambados non merecen pasear polas rúas sen pisar basura e cos cheiros que hai?

4. Acaso non existe persoal necesario que teña encomendada a tarefa da limpeza das rúas? Por qué hai zonas que nunca se limpan?

5. Non existe ningunha persoa responsable da coordinación e vixiancia deste persoal?

6. Acaso os membros do goberno non pasean polas rúas e ven cales son as necesidades dos veciños e veciñas?

7. Algúen vai a asumir a responsabilidade ou coma sempre non se vai a facer nada?

CABALEIRO CORRUPTO JAUME MATAS

1. Ó día 15 de xullo de 2014, presentamos un escrito solicitando que na xuntanza do Serenísimo Capítulo do Albariño se retirase o título de Cabaleiro ou Dama do Capítulo do Serenísimo da Festa do Albariño a todos aqueles condenados por corrupción, empezando por Jaume Matas i Palou. Pasada a festa do albariño 2014, e non accedendo ó solicitado, nin dándosenos resposta o preguntado, a qué se está esperando para formular unha resposta?

2. Acaso o Alcade de Cambados considera que este individuo é un digno representante para a defensa do noso viño e pobo no exterior?

3. Considera que non é perxudicial para a imaxe do noso pobo que o represente un corrupto que está cumprindo condea?

4. A Corporación vai facer unha condea pública sobre este individuo e o rexeitamento que debe supoñer que nos represente no exterior? Ou vaise dicir que non é necesario e polo tanto dar a entender que se apoian este tipo de conductas?

PREGUNTAS RUA  ATLANTICO

1.- Cando foron entregadas ao Concello de Cambados as obras de urbanización da UG-1 de “O Pombal”?

2.- Por qué se están a investir fondos públicos do Concello de Cambados e da Deputación Provincial de Pontevedra nunhas obras de que deberían ser financiadas polos promotores do devandito ámbito?

3.- Cales foron as xestións realizadas polo Concello de Cambados dirixidas a que os promotores da UG-1 cumpran as obrigas impostas pola lei en relación coa asunción do guste das obras de urbanización?

4.- Por qué non se executou a hipoteca constituida pola promotora “Hermanos Padín García, S.L.” por un importe de 185.107,70 € para responder das obras de urbanización?

5.- Dende que vostede é Alcalde, cantas sentenzas foron notificadas ao Concello de Cambados anulando licenzas de obra concedidas por seren contrarias ao ordenamento xurídico? Indique sentenzas e datas.

6.- En relación con este mismo período, cantas sentencias condenaron ao Concello de Cambados a aboar cantidades en concepto de responsabilidade patrimonial como consecuencia da anulación de licenzas de obras concedidas e declaradas llegais? Indique sentenzas, datas e importes.

7.- Qué medidas tomou o Concello de Cambados para depurar as responsabilidades derivadas das licencias concedidas e consideradas contrarias ao ordenamento xurídico?

Fotos: LA VOZ DE GALICIA, FARO DE VIGO, ALZA LA VOZ CAMBADOS , A TI MEU CAMBADOS E GOOGLE.

Ningún comentario: