27 de out. de 2014

A PLATAFORMA EN DEFENSA DO SECTOR MARÍTIMO PESQUEIRO DE GALICIA (PLADESEMAPESGA) PIDE INCOMPRENSIBLEMENTE A DIMISIÓN DA CAMBADESA PASTORA CHARLIN GONZALEZ

XEFA DE PRENSA DA CONSELLERIA DO MAR E DO MEDIO RURAL DA XUNTA DE GALICIA.
“A Xefa de Gabinete de Prensa de Medio Rural e do Mar realiza por escrito
o desprezo máis absoluto por Pladesemapesga que pide o seu FULMINANTE dimisión. “ Con este chamativo titular Miguel Delgado responsable da web
www.pladesempaesga.com pedia a dimisión da cambadesa. Decia a citada web que a Xefa de Gabinete de Prensa da Consellería de Medio Rural e do Mar, a cambadesa  Pastora Charlin González, emite un informe "no que sen pudor afirma que a Plataforma en defensa do sector Marítimo Pesquero de Galicia www.pladesempaesga.com é unha plataforma dixital e que carece de calquera tipo de rexistro. “VERGONZOSO”", remataba a sí a nova Miguel Delgado.  

Ante tal nova e sabendo que a citada web ten certa
repercusión en Cambados, sobre todo no sector do mar, diriximonos a cambadesa Pastora Charlin González para que nos dera a súa opinión sobre tal solicitude de dimisión. Pastora atendeunos amablemente,  pero rexeitou facer declaracións sobre o tema basandose en que se trata dun informe que se lle pide a ela no exercicio do seu cargo  e que forma parte dun EXPEDENTE PRIVADO no que  se considera  a web www.pladesempaesga.com  que non encaixa na definición do que se entende por medio de comunicación convencional. 

Poderase estar dacordo ou non , pero non é como para pedir a demisión dunha traballadora  da Conselleria do
Medio do mar e de Medio Rural a ademais por un informe privado,  que quen lle da publicidade e o propio Miguel Delgado. É mais,  o tema,   ainda que lle ocupa, non lle preocupa a cambadesa.

Miguel Delgado administrador de www.pladesempaesga.com é un home que se distingue entre outras cousas por “dispararlle” a todo que se mova dentro da Conselleria do Mar, con ou sen razón, e son numerosas as súas denuncias contra a Consellelleria do Mar e demais cargos públicos da citada conselleria sen que ate o de agora ninguén resultara condenado  a consecuencia das mesmas, así se recolle da súa propia páxina web. 
Pastora e unha xoven cambadesa que por meritos propios chegou a onde chegou e do que os cambadeses temos que estar orgullosos de ter unha paisana   nun posto de tanta relavancia. Pastora ,  é unha persoa  de procedencia humilde que grazas o seu traballo e esforzo en outros medios , e grazas a súa profesionalidade chegou a estar onde está. 
Dende esta bitacora, a noso apoio e a nosa consideración , poderemos estar ou non de acordo  coa conselleira e que co que fai no tema do mar,  o que non dubidamos por un momento e do bo traballo da nosa paisana. 

COPIA DA DENUNCIA PRESENTADA POR MIGUEL DELGADO CONTRA PASTORA:

FOTOS: www.pladesempaesga.com e google.

Ningún comentario: