O BNG DE CAMBADOS , NUNHA MOCION DE URXENCIA SOLICITA A SÚA INMEDIATA EXECUCIÓN
MOCIÓN REFERIDA Á PETICIÓN DE CONTRATACIÓN DAS OBRAS DE AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DO SALNÉS E DE CONSIGNACIÓN ORZAMENTARIA NOS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA A SÚA EXECUCIÓN.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Hospital do Salnés construíuse froito da demanda d@s
veciñ@s da comarca do Salnés e da súa mobilización constante até conseguir que unha Iniciativa Lexislativa Popular se aprobara no Parlamento Galego e posteriormente fora unha realidade que a Comarca contara con un hospital propio.

Desde a súa inauguración en xaneiro de 2001, sempre contou con servizos e recursos por debaixo das necesidades da poboación á que ía a prestar asistencia sanitaria: a ratio de persoal máis baixa dos centros sanitarios dependentes do SERGAS, nunca contou con UCI, as camas enseguida se veu que non chegaban para o número de doentes que tiña que atender, quirófanos insuficientes, e o servizo de urxencias tamén se verificou que non tiña a dimensión precisa.
Construíuse un hospital que naceu pequeno para as
necesidades reais de asistencia sanitaria. Durante todos estes anos foron constantes as reivindicacións tanto dos profesionais como da cidadanía, o que levou aos responsábeis sanitarios a recoñecer a necesidade de acometer obras de ampliación. Ampliacións que ou aínda non chegaron ou se realizaron con tardanza, como a terceira planta, que tras a súa construción, a día de hoxe está infrautilizada.

A realidade é que pasou unha lexislatura e xa vai mediada a seguinte e as promesas non se materializaron. A construción dun edificio anexo para a ampliación do servizo de urxencias e a dotación de novos quirófanos, que está por debaixo das demandas de cidadanía e profesionais que seguen a reivindicar a necesidade dunha UCI e un Hospital de Día, segue agardando a pesares de que houbo partidas nos orzamentos da Xunta para tal fin.
A última fase deste encadeamento de incumprimentos do
PP, e do propio Núñez Feijoo, comeza en outubro do 2009 cando nunha visita á Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Núñez Feijoo comprometeuse a ampliar o servizo de urxencias do Hospital do Salnés e a que as obras se acometerían o ano seguinte para o que destinarían un millón de euros.En 2010 deciden revisar o Plan Director e coa promesa de iniciar as obras ao remate de dita revisión. En marzo de 2012 o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, veu dunha reunión co Presidente da Xunta coa promesa de que o Hospital se licitaría antes de rematar a lexislatura pasada.

En agosto do 2012, o Consello da Xunta adoptou o seguinte acordo: O Sergas contratará de maneira conxunta a redacción de proxectos, dirección de obras, mantemento e subministración enerxética de 15 novos centros de saúde e da ampliación do Hospital do Salnés, por un importe de 11 millóns de euros.
Nos orzamentos da Xunta para o ano 2013 contempláronse
6.125.780 € para unha ampliación do hospital, que non se executou.No orzamento de 2014 volveu a haber unha consignación orzamentaria de 4.300.000 € que a data de hoxe tampouco se executou.
6.125.780 € para unha ampliación do hospital, que non se executou.No orzamento de 2014 volveu a haber unha consignación orzamentaria de 4.300.000 € que a data de hoxe tampouco se executou.
O 3 de xullo de 2014 o Consello da Xunta tomaba o acordo polo que se autorizaba a contratación das obras de ampliación do Hospital Comarcal do Salnés- Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), adaptado ao prego do concurso AB-SER3-12-005 (nº expediente AB-SER3-14-010), por un importe de nove
millóns setecentos cincuenta e dous mil cinco euros con trinta e cinco céntimos
(9.752.005,35€), e un valor estimado de oito millóns cincuenta e nove mil
cincocentos oito euros con cincuenta e cinco céntimos (8.059.508,55€).
No DOG do 22 de xullo de 2014 publícase a resolución da Dirección Xeral de Recursos Económicos pola que se anuncia a licitación establecendo un prazo de execución de 27 meses.
Transcorridos máis de 3 meses a obra de ampliación do Hospital do Salnés non só non foi adxudicada, senón que no proxecto de orzamentos da Xunta para o ano 2015 non vai ningunha partida destinada para as obras de ampliación.
O Goberno galego leva seis anos de mentiras e enganos
aos veciños e veciñas da comarca do Salnés e @s profesionais; estivo a xogar coa ampliación, coas datas de licitación e agora coas datas de execución e coa ausencia de consignación orzamentaria.
aos veciños e veciñas da comarca do Salnés e @s profesionais; estivo a xogar coa ampliación, coas datas de licitación e agora coas datas de execución e coa ausencia de consignación orzamentaria.
Unha ampliación que ía realizarse en 2009 e a pouco de rematar 2014 sigue sendo unha incógnita a data na que esta ampliación será unha realidade e si vai haber recursos económicos para levala a cabo.
Por todo o exposto, o Grupo Municipal do BNG solicita do Pleno do Concello a adopción dos seguintes
Instar á Xunta de Galiza a:
PRIMEIRO: Que adxudique de inmediato as obras de ampliación do Hospital do Salnés acordadas no Consello da Xunta do 3 de xullo de 2014 e publicadas no DOG do 22 de xullo dese mesmo mes.
SEGUNDO: Que se consignen nos orzamentos da Xunta para 2015 as partidas orzamentarias precisas, cando menos nas cuantías establecidas na resolución de licitación nove millóns setecentos cincuenta e dous mil cinco euros con trinta e cinco céntimos (9.752.005,35€), e un valor estimado de oito millóns cincuenta e nove mil cincocentos oito euros con cincuenta e cinco céntimos (8.059.508,55€).
Fotos: DIARIO DE AROUSA, FARO DE VIGO E GOOOGLE IMAXES.
Ningún comentario:
Publicar un comentario