13 de out. de 2014

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS SOLICITAN Ó CONCELLO QUE ADEMÁIS DO CAMPO DE BURGÁNS E DOS CAMPOS DE O POMBAL, ACONDICIONE TAMÉN O CAMPO DE FÚTBOL DE CASTRELO.

O BAÑO DO CAMPO DE CASTRELO NON SE PODE UTILIZAR POR ESTAR NUN ESTADO LAMENTABLE.
O Campo de Castrelo a pesares de estar situado nun dos sitios máis fermosos de Cambados, atópase nunha situación de total desprezo por parte do Concello de Cambados e sobre todo da Deputación de Pontevedra que só ten ollos para os campos de Ribadumia.
    O noso Concello ten unha larga tradición futbolística pero esto parece non importar ni a Rafael Louzán ni , o que é
máis grave, a Luis Aragunde.
   A pasada semana presentaban os socialistas cambadeses dous escritos solicitando do Concello unha serie de necesidades básicas do Campo de Burgáns e dos Campos de O Pombal, á espera de poder reunirse cos directivos do Beiramar para que fosen eles
mesmos os que lles explicaran as demandas que ten este clube, e poder presentar tamén outro escrito solicitando as súas necesidades básicas.
   Este campo, situado na parroquia de Castrelo, non ten herba no espazo de xogo e actualmente é un campo de terra, xa que foi utilizado incluso para entrar con vehículos que desfixeron completamente a pouca herba que quedaba.
Ante tal panorama, ó clube despois de solicitar en varias ocasións o peche do campo, sen obter resposta,  non lle quedou outra que pechar provisionalmente cun enreixado ó redor.
A zona de debaixo das gradas, ó igual que no campo de Burgáns está chea de lixo e de escombros e o baño dos espectadores non pode ser utilizado porque está nun estado
moi lamentable.
   Por iso, solicitan os socialistas cambadeses do Concello de Cambados que promocione o deporte local, que non vaia só o día da foto do partido e que colabore coa reparación, conservación e limpeza que os clubes, tamén en crise, necesitan para poder subsistir.
ESCRITO PRESENTANDO POR FATIMA ABAL, PORTOVOZ DO PSOE NO CONCELLO DE CAMBADOS,  A PROPÓSITO DO TEMA.
 Dª FÁTIMA ABAL ROMA, ,  en calidade de Portavoz do PSdeG PSOE no Concello de Cambados, 
EXPÓN:
   Esta semana visitamos, ante a demanda de veciños de Castrelo, o campo de fútbol que se atopa nesta parroquia, onde entrenan o Club de Fútbol Beiramar e o equipo de veteranos.
  O campo foi utilizado para actividades que nada teñen que ver co fútbol e polo tanto se atopa moi deteriorado. Nas instalacións entraron coches e motos, ó non estar pechado, e desfixeron a zona de xogo por completo.
   A día de hoxe este campo ten unha serie de deficiencias e que son totalmente necesarias para poder seguir disputando os partidos e os entrenos. Son as seguintes:
-Acondicionamento do campo con herba artificial, pois a día de hoxe o campo é de terra.
-Peche do campo, só está cerrado pola metade, aínda que o clube puxo un pequeno valado provisional ó redor.
-Peche do campo con redes desde o muro de bloques, pois o muro ten moi pouca altura e os balóns saen continuamente fóra do recinto.
-Reparación de focos pois están estropeados e nos entrenos, nocturnos case sempre, non se ve nada.
-Acondicionamiento dos vestiarios: o chan está totalmente estropeado e os teitos tamén necesitan ser reparados.
-Acondicionamiento do baño dos espectadores, pois está
totalmente deteriorado e incluso abandonado.
-Colocación dun  cristal no ventanuco do vestiario do árbitro pois está tapado soamente cun trozo de cartón e entra frío e auga da choiva.
-Colocación dun contenedor de residuos grande, só hai dous pequenos e non son suficientes posto que non hai ningunha papeleira nin nada similar.
-Acondicionamiento da zona que rodea o campo de xogo pois está chea de herba e lixo.
-Porterías móviles (de fútbol 8) para facilitar os entrenos e acortar o campo.
-Limpeza debaixo das gradas 

Ningún comentario: