20 de out. de 2014

S.O.S. CONFRARÍA DE CAMBADOS

DEBERÍA O ALCALDE LUÍS ARAGUNDE TOMAR CARTAS NO ASUNTO? DEBERÍA A CONSELLERÍA DO MAR CONDONAR A DÉBEDA?
¡¡¡Cambados, temos un problema¡¡¡. Parafraseando a mítica frase do astronauta Jack Swigert durante o accidentado
viaxe do Apolo XIII, iso é o que nos están a dicir as actuaís autoridades da Confraría de Cambados, quen se ven atados de pes e mans perante o que se lle aveciña, pese a estar traballando duramente para solucionar o problema. Rematados os recursos xudiciais hai que devolver como sexa a cantidade de 84.082 euros máis os xuros, 11.264 euros, o que supoñen
95.347 euros. Evidentemente o pago desta cantidade afogaría economicamente por bastante tempo a Confraría de Cambados.
O problema ten difícil solución en principio, aínda quen hai quen di que o Alcalde Luís Aragunde debería tomar cartas no asunto por varias razóns:
1ª.- E hora de utilizar aquela frase tan famosa que se di en
todos os mitins “Temos o goberno amigo na Xunta”. Pois si Rosa Quintana , visitante de Cambados en moitas ocasións, debemos de tomar unha solución con ela favorábel a Confraría de Cambados.
2ª.- O gran causante do problema é un tal Benito González,
a sazón ex patron maior, afortunadamente, da Confraria de Cambados, pero un home apoiado sempre por Luís Aragunde o seu partido.
3ª.- É deber inescusábel e ineludíbel do Alcalde de Cambados tratar de salvar a Confraría de Cambados, porque en parte o Alcalde foi xerador do problema e logo ademais que non é menos importante é traballador en
excedencia da devandita confraría. 
4ª.- Como presumía o noso Alcalde e demais autorizades da inauguración deste barco, parece como si houbera construído él, polo tanto agora tamén temos que asumir responsabilidades.
A XUNTA TEN A CAPACIDADE DE CONDONAR A DÉBEDA
Entre as capacidades da Xunta está a de condonar a débeda tanto a organismos oficiais como mixtos como é o caso das Confrarías, sen is mais lonxe, estes dias podemos ler A Xunta condonará o 50% da débeda pendente co Consorcio do Benestar a aqueles
concellos que asinen novos convenios coa Axencia de Servizos Sociais”
Tamén vimos de ler estes días  que a comunidades de Montes estanlle a pedir a Xunta que condone la débeda que con las que ten convenios o consorcios, unas cantidades que en muchos casos son
elevadas
Podemos seguir poñendo multitude de casos no que a Xunta  ou as consellerías correspondentes condonan estas débedas, aquí tiña que entrar “ a saco” Luís Aragunde e tratar de que a Conselleira do mar Rosa Quintana se reúna urxentemente co novo goberno da Confraría de Cambados, reunión que por certo teñen solicitada,  para que lle condonan a débeda ou polo menos parte dela xa que non é un erro da súa xestión, e un erro da xestión anterior, e dende logo ademais Rosa Quintana deberíalle pedir responsabilidades por esa suposta sobrevaloración o
anterior Patrón Maior e a un tal Maneiro , alto cargo da Xunta que algo tamén ten tivo que ver no mesmo.
Non tomar cartas no asunto Luís Aragunde, o que demostraría é que a Confraría de Cambados e por tanto un motor  económico da vila, non lle importa nada, e resolver problemas como este poden  determinar a talla politica do noso alcalde. Non nos esquecemos tampouco do papel que deben xogar outras formacións politicas do pobo.
Por certo o procedemento penal  que se segue no Xulgado Nº 2 de Cambados, sobre o barco Tragove, segue o seu curso, segundo nos comunica unha das partes comparecidas no procedemento, pese a todo que se publicou sobre o seu arquivo.
FOTOS: FARO DE VIGO E DIARIO DE AROUSA.

Ningún comentario: