20 de out. de 2014

XIRONSA, ANIMATE A QUE PARTICIPES CON ELES

GAITA, BAILE, PERCUSIÓN, ACORDEON, PANDERETA E CANTO ENTRE AS ACTIVIDADES 
Co comenzo do novo curso a Asociación Cultural Corvillón, mais coñecida por Xironsa,  animate a que participes con
eles, se che gusta a música, tradicional, se che gusta a festa, informate , é probablemente o que buscas. Ademais terás a posibilidade
de participar en tradicions como o Maio, o Magosto, San Xoan, e moitas actividades mais.
Informate no seu local, sito nas Escolas unitarias de Corvillón ou no telefono 645827205, podes inscribirte dende os seis anos.
Pero aparte tamén son famosas en Xironsa as súas furanchadas e as súas marchas de senderismo, ou no verán rutas turisticas polo mar.
Se non che interesan as clases, tamén te podes facer SOCIO DA ASOCIACION CULTURAL CORVILLÓN (Xironsa), por 10 € ó ano estarás facendo unha boa labor de colaboración con eles. 


Ningún comentario: