30 de out. de 2014

UN VÍDEO SOBRE CAMBADOS FAI FUROR EN FACEBOOK

REALIZADO POLA BBC (BOS BEBEDORES CAMBADESES) NO ANO 1984.
Trinta anos cumpre o vídeo en cuestión que está a causar furor no facebook de “A TI MEU CAMBADOS” (por certo onde podes ver outros vídeos curiosos). Os autores do vídeo son tres fundadores da desaparecida UNHA GRANDE
Os autores de vídeo no Bar Pintos
de Santome.(1984)
CHEA (1985), e non son outros que Salvador Cores “Fico”, Carlos Rábade e José Antonio Pintado eles mesmos denominaron a súa videográfica BBC (Bos Bebedores Cambadeses) . Un vídeo  que está moi ben feito e amósanos o Cambados de 1984, así como as famosas ostras do Bar Pintos

das cales deron boa conta os realizadores do vídeo.  Un deles, Pintado, non está entre nós, era un ser entrañable e un “Coco” a hora de facer as letrillas da comparsa, sirva o vídeo de homenaxe e recoñecemento a un dos fundadores da comparsa mais histórica de Cambados. O video leva en tres horas 2.788 visitas,  35 compartiudas e mais de 60 “Me gusta”. Podes ver o fideo premendo AQUÍ.

As 7.52 do 31 de outubro leva xa mais de 6.000 visitas.





Ningún comentario: